Francobordo segundo o define o Convenio Internacional sobre Liñas de Carga da Organización Marítima Internacional (IMO) das Nacións Unidas, é a distancia medida verticalmente no centro do buque (caderna mestra), dende a intersección da cara superior da cuberta de francobordo coa superficie exterior do forro (casco do buque), ata a liña de carga correspondente indicada no disco Plimsoll.

Esquema cas formas dun buque. A letra f indica o francobordo. O puntal é a suma dos valores de f + d (calado)
Esquema de divisións transversais dun buque.

O francobordo defínese como unha reserva de flotabilidade. O calado do buque máis o francobordo é o puntal. Este valor de puntal é inamovible independentemente da carga que leve o buque. A máis calado, menos francobordo e viceversa.

Disco Plimsoll editar

 
Disco Plimsoll, LR, iniciais de Lloyd's Register.
 
Certificado Disco Plimsoll.

O disco é un anel de 300 milímetros (12 polgadas) de diámetro exterior e 25 milímetros (1 polgada) de ancho, cortado por unha liña horizontal de 450 milímetros (18 polgadas) de lonxitude e 25 milímetros (1 polgada) de ancho, o lado superior pasa polo centro do anel. Tódolos buques deben levar o disco Plimsoll no casco do buque un en cada costado do buque, unha marca en babor e outra en estribor. Esta marca indica o punto no que debe ser medido o francobordo. Tamén indica a posición da caderna mestra (metade da eslora do buque) e o calado do buque.

Sobre o disco Plimsoll indícanse as iniciais da sociedade de clasificación.

  • LR son as iniciais de Lloyd's Register. Cada sociedade de clasificación emprega as súas.

A densidade da auga varía segundo as zonas do mar, a temperatura (estación do ano) e a salinidade. Os límites do calado máximo e o mínimo francobordo do buque en función das augas nas que navegue son as seguintes:

  • TF Tropical Fresh, auga doce en zona tropical.
  • F Fresh, auga doce outras zonas.
  • T Tropical salt, auga de mar zona tropical.
  • S Summer, auga de mar en verano.
  • W Winter, auga de mar en inverno.
  • WNA Winter North Atlantic, inverno no Atlántico Norte.

Véxase tamén editar

Outros artigos editar

Bibliografía editar