Abrir o menú principal

Índice

O franco congolés e a moeda oficial da República Democrática do Congo. Normalmente abréviase como FC e o sei código ISO é CDF. Cada franco congolés divídese en 100 centimes (céntimos).

HistoriaEditar

Durante o dominio colonial belga introduciuse o denominado franco do Congo Belga, quun franco belga. Dende 1916, o franco colonial tamén circulaba en Ruanda de Burundi. En 1960, trala independencia do país, pasou a ser coñecido simplemente como franco congolés. O franco foi a moeda do país ata 1967, cando foi substituída polo zaire a razón de 1.000 francos por zaire, mais entre 1960 e 1963 Katanga emitiu o seu propio franco.

Logo dunha forte desvalorización da moeda, en 1993 o antigo zaire substituíuse polo novo zaire a razón de 3 000 000 zaires vellos por un novo. O franco congolés pasou a empregarse novamente en 1997, en substitución do novo zaire a razón de 100.000 novos zaires por franco.

Moedas e billetesEditar

MoedasEditar

As moedas contan con variados deseños, mais dende o seu restablecemento deixaron de acuñarse, sendo substituídas polos billetes. As moedas que aínda están en circulación equivalen a 25 e 50 céntimos, e a un franco, e están realizadas en metais non preciosos para vender aos coleccionistas estranxeiros.

Denominación Emisión Metal Forma Diámetro Bordo Anverso Reverso
25 Céntimos
2002
Aluminio
Circular
Estriado
León e facial
Fauna e ano
50 Céntimos
2002
Aluminio
Circular
Estriado
León e facial
Personaxes e ano
1 Franco
2002
Latón
Circular
Estriado
León e facial
Fauna e ano

BilletesEditar

A emisión de 1997 incluíu billetes de 1, 5, 10, 20 e 50 céntimos, e de 1, 5, 10, 20, 50 e 100 francos. Os billetes de 200 francos foron emitidos por primeira vez no ano 2000, seguidos dos de 500 francos no 2002. En 2010, o Banque Centrale du Congo emitiu 20 millóns de billetes de 500 francos para conmemorar o 50 aniversario da independencia de Bélxica.[1]

NotasEditar

Ligazóns externasEditar