Francisco Varela Ouro
mestre e xornalista galego
Francisco Javier Varela Ouro, nado en Antas de Ulla o 24 de setembro de 1891 e finado no mesmo concello o 6 de febreiro de 1955, foi un mestre e xornalista galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 24 de setembro de 1891 Antas de Ulla, España |
Morte | 6 de febreiro de 1955 (63 anos) Antas de Ulla, España |
Actividade | |
Ocupación | mestre, xornalista |
Familia | |
Fillos | José Antonio Varela Casal |
Traxectoria
editarEstudo no Seminario de Lugo. Fíxose mestre na escola Normal de Pontevedra. Foi mestre de Moreda (Monforte de Lemos) e dende 1929 de Antas de Ulla. Colaborou en Ilustración Gallega e foi colaborador habitual de La Voz de la Verdad. Finou en Antas de Ulla o 6 de febreiro de 1955.[1]
Vida persoal
editarCasou en Pías con María Aurea Casal Fernández o 5 de agosto de 1918,[2] e foi pai de Francisco Javier, María Raquel, María Esther, José Antonio, María Olga e Aurea María Jesús Varela Casal.