Francisco Reyes Santiás

Francisco Reyes Santiás, nado en Manresa en 1961, é un economista e político galego.

Modelo:BiografíaFrancisco Reyes Santiás
Biografía
Nacemento1961 Editar o valor en Wikidata (62/63 anos)
Manresa, España Editar o valor en Wikidata
Partido dos Socialistas de Galicia
Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupacióneconomista, político Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo do neurocirurxián Francisco Reyes Oliveros, é licenciado en dereito e doutor en Económicas[1]. Foi asesor económico da consellería de sanidade e profesor asociado das universidades de Vigo e Santiago de Compostela. Economista do Servizo Galego de Saúde traballa como experto en avaliación económica na Unidade de Epidemioloxía e Investigación clínica do Complexo Hospitalario Universitario de Santiago de Compostela. Formou parte das listas do PSdeG ao concello de Santiago nas eleccións de 2011 resultando elixido concelleiro, foi voceiro do grupo municipal socialista e no ano 2014 os militantes elixírono en primarias como o candidato á alcaldía de Santiago de Compostela.[2]

  1. A súa tese foi Estudio económico-sanitario de las necesidades de equipamiento de alta tecnología médica en Galicia. Planificación (2004) UDC Arquivado 22 de febreiro de 2015 en Wayback Machine.
  2. "Impóñense os aparatos locais nas primarias do PSdeG" Galicia Confidencial 1 de decembro de 2014