Francisco Maseda García

empresario e político galego

Francisco Maseda García, coñecido como Pancho Maseda, nado na Habana o 1 de setembro de 1914 e finado en Ribadeo o 5 de novembro de 2007,[1] foi un empresario e político galego.

Infotaula de personaFrancisco Maseda García
Biografía
Nacemento1 de setembro de 1914 Editar o valor em Wikidata
A Habana, Cuba Editar o valor em Wikidata
Morte5 de novembro de 2007 Editar o valor em Wikidata (93 anos)
Ribadeo, España Editar o valor em Wikidata
Alcalde de Ribadeo
Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónempresario , político Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Fillo dos indianos Francisco Maseda e Carmen García Rodríguez,[2] cursou Bacharelato e Peritaxe Mercantil na Coruña. Desenvolveu a súa vida profesional nos negocios familiares de Casa Maseda, Carpintería Maseda e Hotel Ribanova. No franquismo foi nomeado alcalde de Ribadeo en 1943, tomando posesión o 15 de outubro.[3] Cesou no cargo en febreiro de 1964.[4] Despois impulsóu a construción de vivendas da Cooperativa Santa Cruz, foi presidente do Ribadeo F.C. e da Asociación Amigos da Gaita Galega.

Recoñecementos editar

O Concello de Ribadeo deulle o seu nome a unha praza da vila en 1998.

Vida persoal editar

Casou con Felisa García Bolaño e foi pai de Francisco e Mª Carme Maseda García.

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar

Predecesor:
Jesús Díaz López
  
Alcalde de Ribadeo
 
1943 - 1964
Sucesor:
Alberto Mediavilla Martínez