Abrir o menú principal

Francisco Javier Vázquez Varela

avogado e político galego

Francisco Javier Vázquez Varela, nado en Vigo o 8 de xuño de 1754 e finado en 1818, avogado, foi alcalde de Vigo durante a Guerra da Independencia española.[1]

Francisco Javier Vázquez Varela.
Francisco Javier Vázquez Varela.jpg
Nacemento8 de xuño de 1754.
 Vigo.
Falecemento1818.
NacionalidadeGalega.
OcupaciónAvogado.
CónxuxeManuela Fontenla
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Destituída a corporación anterior por sospeitarse do seu afrancesamento, foi elixido o 25 de xaneiro de 1809 por aclamación popular, pouco antes da chegada do exército napoleónico, a quen entregou a vila.

Durante os dous meses de ocupación fixo un traballo de desgaste contra o gobernador francés Chalot, mentres ía enviando apoios á resistencia do cerco de fora das murallas.[2]

Logo da reconquista deuse orde de arresto contra el por colaboracionista cos franceses, porén foi exonerado e seguiu a carreira de xurisprudencia como Oidor da Audiencia de Galicia (máximo tribunal rexio de Galicia con sede na Coruña), Alcalde da Casa e Corte de Madrid e Conselleiro do Real Supremo Tribunal de Facenda en 1816, chegando a amasar unha gran fortuna.

 
Placa da rúa adicada en Vigo.

O concello adicoulle o nome dunha rúa o 27 de marzo de 1909, a petición de Ricardo Senra Fernández.[3]

NotasEditar

  1. "El alcalde de la ocupación francesa..." Faro de Vigo (en castelán).
  2. "ReconquistadeVigo.com". Arquivado dende o orixinal o 06 de marzo de 2016. Consultado o 06 de marzo de 2016. 
  3. Vázquez Xil, Lalo (1994) [1991]. Ediciones Cardeñoso, ed. As rúas de Vigo (2ª ed.). Vigo. p. 169. ISBN 84-87379-47-8. 

Véxase taménEditar