Francisco Eyré Fernández

avogado e político galego

Francisco Eyre Fernández, nado en Monforte de Lemos o 1 de abril de 1913[1] e finado en Sant Just Desvern o 16 de decembro de 1982,[2] foi un avogado e político galego residente en Cataluña.

Infotaula de personaFrancisco Eyre Fernández
Biografía
Nacemento1 de abril de 1913 Editar o valor en Wikidata
Monforte de Lemos, España Editar o valor en Wikidata
Morte16 de decembro de 1982 Editar o valor en Wikidata (69 anos)
Sant Just Desvern, España Editar o valor en Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónavogado , político Editar o valor en Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor en Wikidata

Traxectoria

editar

Fillo de Francisco Eyré Varela. Instalado en Barcelona en 1929, exerceu como avogado dende 1935. Na guerra civil foi oficial do corpo xurídico militar. Foi o avogado defensor do xeneral da Gardia Civil José Aranguren Roldán en 1939.[3] Foi lugartenente e inspector rexional da Guardia de Franco e avogado da CNS. Foi presidente do Centro Galego de Barcelona dende finais dos anos corenta até 1955.

Vida persoal

editar

Casou con Blanca de Lorenzo Bermejo e foi pai de Blanca, María Elena, Francisco, Juan Manuel, Jorge, José Antonio e Patricia Eyré Lorenzo.

  1. La Vanguardia, 15-11-1970, p. 32.
  2. La Vanguardia, 17-12-1982, p. 28.
  3. Lorenzo Silva saca del olvido a Aranguren, el general ferrolano leal a la República

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar