Francisco Barreiro

político e guerrilleiro galego

Francisco Barreiro Barciela, coñecido como Paco Barreiro, nado en Vigo en 1911 e finado en Madrid o 21 de xaneiro de 1942, foi un político comunista de Galicia e guerrilleiro antifranquista galego.

Infotaula de personaFrancisco Barreiro
Biografía
Nacemento1911 Editar o valor em Wikidata
Vigo, España Editar o valor em Wikidata
Morte21 de xaneiro de 1942 Editar o valor em Wikidata (30/31 anos)
Madrid, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónpolítico Editar o valor em Wikidata
Período de actividade(Con vida en: 1936 Editar o valor em Wikidata)
Partido políticoPartido Comunista de España Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua castelá Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Afiliado á UGT dende 1932. Foi secretario da Gimnástica Recreativa de Vigo en 1933,[1] líder das Juventudes Socialistas Unificadas (JSU) e secretario do Partido Comunista de España en Vigo. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido e xulgado en Vigo por rebelión militar, co resultado de sobresemento provisional. Foi un dos primeiros que organizou as guerrillas antifranquistas nos montes de Galicia. En 1941 era secretario do PCE en Vigo, secretario de Axitación e Propaganda do Comité Rexional de Galicia que tiña como secretario xeral a Jacinto Nogueira Nogueira e a Francisco Herrera como secretario de organización, e membro da dirección central do partido en Madrid a finais dese ano. Trala caída de Eleuterio Lobo Martín foi detida da maior parte da dirección do PCE en Portugal e extraditados os seus membros pola policía salazarista; Francisco foi arrestado en Vigo o 26 de outubro de 1941 con Eladio Rodríguez González e Jacinto Nogueira. Xulgado en consello de guerra o 19 de xaneiro de 1942, foi condenado a morte, sendo executado nas tapias do cemiterio do Este de Madrid o 21 de xaneiro xunto con Isidoro Diéguez Dueñas, Jesús Larrañaga Churruca, Manuel Asarta Imaz, Jaime Girabau Estévez e Eladio Rodríguez González.[2]

Notas editar

  1. El Pueblo Gallego, 4-1-1933, p. 7.
  2. "Listado alfabético de personas fusiladas en las tapias del Cementerio del Este (1939-1945)". Arquivado dende o orixinal o 13 de agosto de 2022. Consultado o 16 de febreiro de 2023. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • Estruch Tobella, Joan (1998). El PCE en la clandestinidad. 1939-1956. Madrid: Siglo XXI. ISBN 84-932232-8-X. 
  • Fernández Rodríguez, Carlos (2020). Los otros camaradas: El PCE en los orígenes del franquismo (1939-1945) (en castelán). Zaragoza: Prensas Universitarias de Zaragoza. pp. 348–351. ISBN 9788417873707. 

Ligazóns externas editar