Fran del Buey
Atención: Este artigo ou apartado precisa dun traballo de revisión. Por favor, vexa a lista de problemas indicados neste modelo e de acordo coas indicacións. Cando os problemas se resolvan, retire esta mensaxe, pero non quite esta mensaxe ata que estea todo solucionado. De ser posible, sería mellor substituír este marcador por outro máis específico. (Desde abril de 2020) |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión do formato que siga o libro de estilo da Galipedia. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
As referencias deste artigo non teñen un formato correcto. Podes colaborar editándoas como se indica nesta páxina. Pode axudar a mellorar este artigo e outros en condicións semellantes. |
Este artigo ou sección precisa dunha revisión ortográfica e/ou de gramática (recurso útil: corrector ortográfico en liña de galego). Podes axudarte do revisor ortográfico, activándoo en: Preferencias → Trebellos → Navegación → Ortografía: Activar o revisor ortográfico. Colabora connosco neste artigo e noutros en condicións semellantes para que a Galipedia mellore e medre. |
Fran del Buey, nado en Santiago de Compostela, é un activista social e avogado galego.
Biografía | |
---|---|
Actividade | |
Ocupación | avogado, activista social |
Traxectoria
editarDe novo foi cofundador da Asociación Xuvenil de Vite, da Asociación preSOS Galiza (xunto con Toni o Vaca, Tone e Ignacio, todos falecidos) e da Coordenadora do Barrio de Vite. Participou en proxectos como "Comisión de mozos/as contra o desemprego" (1989), actividade de traballo de base consistente na formación laboral, os dereitos e a organización horizontal. Tamén participa na refundación da Radio Kalimera, onde mantería en antena dous programas durante un longo período de tempo (Con presa e ao tolo, SOS mensaxe nunha botella). Entre 1989 e 1995 participou activamente na creación do xornal do barrio nos os ben-ditos e Curriculum Vite. O grupo laboral mudou o seu nome e pasou a denominarse Formigueiro GL, pasando a ser unha cooperativa social, realizando actividades de formación en pintura, fontanería, electricidade, persianas etc., ao tempo que se realiza formación en dereitos e outras iniciativas. No barrio tamén se desenvolven actividades de lecer e tempo libre, impulsando a creación da Asociación Ollomol xunto con amigos e veciños da infancia, con este colectivo inícianse por primeira vez no barrio actividades de lecer, campamentos, entroidos etc. Entre 1987 e 1995 colabora na Asociación Paxariños (traballo con rapazada do rural para achegala ao mar), e representa dita asociación na constitución do Consello da Xuventude de Galicia. Conta cun intenso labor como asesor xurídico e activista da asociación PreSOS Galiza, Red Superando el Sida, desde onde conseguiu o recoñecemento de dereitos para presos afectados por VIH, Nais contra a impunidade, o Colexio de Educadoras e Educadores Sociais de Galicia (CEESG), e o servizo xurídico A Sensu Contrario de Santiago de Compostela.
Desde a súa perspectiva o dereito e a educación social non teñen fronteiras definidas para actuar contra a exclusión social.
A sensu contrario nace como resposta ante a problemática primeiro social de persoas con risco de exclusión pero pouco a pouco foi abarcando máis parámetros: a problemática de xénero coa violencia contra a muller, a das persoas con problemas con discapacidade etc. fronte a un mundo perfecto que non dá cabida a aquelas persoas que non as considera capaces. A problemática das persoas que veñen doutras fronteiras, e das persoas que se senten en definitiva explotadas en todos os ámbitos. […] Moito do que facemos leva parámetros de escoita activa, de situacionismo sociolóxico, formación colaborativa e intercambio de roles. Todo isto nun contexto tan complicado como é o mundo do dereito. […] Primeiro temos as actuacións individualizadas da xente que trae problemas de ámbitos específicos, como poden ser problemas de discapacidades, de violencia contra a muller e despois tamén temos a nosa actuación como colectivo. Intentamos intervir e asesorar a outros colectivos e asociacións dentro do que a súa problemática. Por exemplo no mundo da discapacidade intelectual aportamos estratexias e solucións a estes colectivos para que por elas mesmas saiban tecer unha resposta.[1]
Estivo imputado en diversas accións por mor do seu activismo contra a represión policial: por abuso policial,[2] por inxurias contra a garda civil no Caso Diego Viña, que afectou a quince integrantes de Nais contra a impunidade. Ten impartido obradoiros de autodefensa xurídica e intervén a miúdo en xornadas e actos relacionados co activismo a prol das persoas presas. Tamén adoita participar no activismo social en Santiago de Compostela, como a protesta polo peche da Cociña Económica no verán, baixo o lema: “A fame non ten vacacións. A cociña económica pecha no agosto”,[3] contra o peche da Casa Encantada, onde tiñan a súa sede PreSOS Galiza e a Marcha Mundial das Mulleres.[4]
Actividades reseñables na loita carcelaria polos dereitos das persoas presas (torturas, vih sida, menores)
En representación da entidade preSOS Galiza foi a persoa asinante da Declaración de Barcelona, do proxecto europeo Challenge (Contract nº CIT1-CT-2004-506255- Proyectos de investigación y monitoreo del Sistema Penal Privación de Libertad y Derechos Humanos) en setembro de 2004.[5][6]
Foi Informador do “Estudio Fipse sobre discriminación arbitraria de las personas que viven con VIH o SIDA”, realizado polo Instituto de Dereitos Humanos Bartolomé de las Casas da Universidade Carlos III de Madrid coa colaboración de Cruz Vermella.[7]
Publicacións
editar- “Sida + Cárcel = Pena de muerte. ¿También ‘nunca máis’?”, Panóptico: contra la cultura carcelaria, 6, 2003, p. 43.[8]
- “Sindicatos de prisiones en Galiza: sindicatos de clase o ¿qué clase de sindicatos?”, Panóptico: contra la cultura carcelaria, 7, 2005, p. 182.
Notas
editar- ↑ "Entrevista a Fran del Buey, asesor do Ceesg". Ceesg. 12-12-2017. Consultado o 18-07-2018.
- ↑ "Denunciante denunciado" (PDF). Esculca. Observatorio para a defensa dos direitos e as liberdades. Consultado o 18-05-2019.
- ↑ Salgado, Daniel (2007-08-12). "Reportaje: La parte de atrás de agosto". El País (en castelán). ISSN 1134-6582. Consultado o 2019-05-18.
- ↑ "Desaloxan a Casa Encantada". Vieiros. Consultado o 2019-05-18.
- ↑ http://investigaccio.org/ospdh/es/page/changing-landscape-european-liberty-and-security-challenge[Ligazón morta]
- ↑ http://www.nodo50.org/tortura/varios/Privacion_Libertad-Challenge.pdf
- ↑ http://www.fipse.es/vtaxon/ax_remote/sHaTTvhpVc_drQ05pdPtPFewqmFHNM9eEw0FVG7OFL9EB9ZNPrNeRc_R5JtxWj8MDENpATgEhHbYEEiaF6frefIEZlPhjwJwLTEwzKvOcAB4IE008 Arquivado 30 de maio de 2020 en Wayback Machine.
- ↑ [http://www.ikusbide.org/data/documentos/Sida%20mas%20carcel.pdf
Véxase tamén
editarOutros artigos
editarLigazóns externas
editar- Entrevista con Fran del Buey e Manuel Garrido sobre os rexistros da Sida, La Radio Liberada.[3]
- Entrevista a Fran del Buey.[4][5]
- Intervención de Fran del Buey en Galiza Ano Cero, 2013.[6] https://vimeo.com/79484904