Frédéric Bastiat

Claude Frédéric Bastiat, nado en Baiona o 29 de xuño de 1801 e finado en Roma o 24 de decembro de 1850, foi un economista francés, un dos divulgadores do liberalismo.

Frédéric Bastiat
Bastiat.jpg
Nome completoClaude Frédéric Bastiat
Nacemento30 de xuño de 1801
 Baiona
Falecemento24 de decembro de 1850
 Roma
Causatuberculose
SoterradoIgreja de São Luís dos Franceses
NacionalidadeFrancia
Alma máterabbaye-école de Sorèze
Ocupaciónfilósofo, economista, ensaísta, político e maxistrado
Coñecido porParable of the broken window, Economic Harmonies, Petição dos fabricantes de velas, etc. e A Lei
editar datos en Wikidata ]

TraxectoriaEditar

Comezou a súa carreira como economista en 1844. Foi membro da Asemblea Nacional dende 1848. Bastiat pertenceu á escola harmónica de liberais, que consideraban ao Estado como algo inevitable, e tamén deplorou a revolución violenta como medio de obter o poder, aínda así mantíñase reacción a calquera control polo goberno dos individuos e a regulación da industria privada, mostrándose partidario do libre mercado como unha fonte de harmonía económica e consideraba que os argumentos utilitaristas e iusnaturalistas eran aspectos complementarios do mesmo mundo.

A idea de Bastiat que máis influíu na economía foi a explicou coa falacia do vidro roto, e que consiste en que para determinar se unha medida é boa ou mala, hai que mirar as súas consecuencias a longo prazo para toda a poboación, e non só as que teñen lugar a curto prazo para unha parte da poboación. A falacia consiste en pensar que un neno que xogando rompe un vidro dunha tenda realiza unha acción boa para a economía, xa que o dono da tenda terá que gastar diñeiro en substituílo, e dará emprego ao cristaleiro, que cos cartos que reciba dará emprego a outros. Malia iso, esa liña de pensamento non ten en conta que de non se romper o cristal, gastaría os cartos noutra cousa, co que tamén daría emprego a outros, ademais produciría cousas novas e non unha reconstrución de algo que xa existía.

Morreu de tuberculose, seguramente collida durante as súas viaxes por Francia para promover as ideas liberais.