Frédéric Auguste Bartholdi
escultor francés
Frédéric Auguste Bartholdi, nado en Colmar (Alsacia) o 2 de agosto de 1834 e finado en París o 4 de outubro de 1904, foi un escultor francés.
Frédéric Auguste Bartholdi | |
---|---|
![]() Fréderic Auguste Bartholdi en 1898 | |
Nome completo | Frédéric Auguste Bartholdi |
Alcume | Amilcar Hasenfratz |
Nacemento | 2 de agosto de 1834 |
Lugar de nacemento | Colmar |
Falecemento | 4 de outubro de 1904 |
Lugar de falecemento | 6.º arrondissement de Paris |
Causa | tuberculose |
Soterrado | Cemiterio de Montparnasse |
Nacionalidade | Francia |
Alma máter | Lycée Louis-le-Grand |
Ocupación | escultor e pintor |
Cónxuxe | Jeanne-Émilie Baheux de Puysieux |
Coñecido por | Fontaine Bartholdi, Bartholdi Fountain, Estatua da Liberdade, Fontaine Roesselmann e Leão de Belfort |
Premios | comendador da Lexión de Honor |
Na rede | |
![]() ![]() ![]() | |
[ editar datos en Wikidata ] | |
TraxectoriaEditar
Estudou arquitectura na súa cidade natal, e marchou a París para perfeccionar os seus estudos de arquitectura e de pintura baixo a dirección de Ary Scheffer.
O seu traballo máis coñecido é a Estatua da Liberdade, que o goberno de Francia doou aos Estados Unidos en 1886, antes de comezar a obra, Bartholdi viaxou a América para seleccionar o porto de Nova York como a localización para a estatua. O león de Belfort, en Belfort, Francia é outra das súas obras máis coñecidas, realizado para conmemorar a resistencia da vila durante o sitio de Belfort polos alemáns en 1870.