Periodismo fotográfico
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde agosto de 2024.) |
Dende a aparición da fotografía, o xornalismo fotográfico empregouse para deixar constancia de calquera feito memorable en publicacións escritas. Obtivo unha importancia moi considerable a partir dos anos 20 en diante, cando se crean axencias xornalísticas baseadas nas reportaxes fotográficas.
Historia e características
editarAta tal punto se implantou a fotografía na prensa escrita, que hoxe en día é habitual que o que se chama "mancha" sexa un 70% do xornal. Esa "mancha" é a superficie de imaxe con respecto ó total do papel. Cabe destacar que na maioría das noticias, desprázase só o fotógrafo, xa que a noticia en si obtense de axencia ou de memorando.
A fotografía cobra especial importancia no xornalismo e fai chegar ó público máis cantidade de información, facendo realidade a frase "vale máis unha imaxe ca mil palabras". Moitos autores reflexionan, dende os tempos da orixe da fotografía, sobre a súa importancia social. Susan Sontag afirma que Coleccionar fotografías é coleccionar o mundo. Así mesmo, engade que a fotografía "xustifica".
Así a todo, non hai que esquecer que quen fai unha fotografía plasma unha parte da realidade dunha determinada maneira, e dende un punto de vista en concreto. Non podemos pensar polo tanto que a fotografía é un fiel reflexo da realidade, senón a plasmación* dunha parte da mesma. Non só hai que pensar naquilo que a fotografía recolle, senón tamén no que puidese ficar fóra.
Véxase tamén
editarWikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Periodismo fotográfico |
Ligazóns externas
editar- Jorge Mahfud (2005). "El huracán Katrina y la hiperrealidad de la imagen" (en castelán)