Foton M

(Redirección desde «Foton-M 1»)

Foton M é o nome dunha serie de satélites soviéticos e posteriormente rusos adicados á investigación de materiais e sucesores dos satélites Foton. O programa Foton foi desenvolvido para estudar o efecto da exposición ás condicións do espazo de diversos materiais. Os Foton M están formados en realidade á súa vez por dúas familias de satélites, os modelo 34KS e os 34 KSM.[1]

Foton-M 34KS editar

Os Foton M 34KS son unha versión mellorada dos Foton, con baterías melloradas, un mellor control térmico e melloras na telemetría e nas telecomunicacións para mellorar a capacidade de transmisión de datos para pasar ata 15 días no espazo. Lanzárose tres entre 2002 e 2007, todos a bordo de Soiuz U, co primeiro non chegando a órbita pola explosión do foguete durante o lanzamento. Tiñan unha masa de 6410 kg.[2]

Foton-M 34KSM editar

Os Foton M 34KSM sustitúen o módulo de propulsión típico dos Foton por un módulo Yantar que permite misións máis longas, de ata seis meses, para o cal, a diferenza dos modelos anteriores, necesitan usar paneis solares. A carga útil que poden levar a bordo incrementouse en 100 kg. A masa total deste modelo é de 6840 kg.[3]

Misións Foton M editar

Misión[2][3] Data de lanzamento[2][3] Data de regreso[2][3] Notas[2][3]
Foton M 1 15 de outubro de 2002 N/A Modelo 34KS. Destruído pola explosión do foguete lanzador.
Foton M 2 31 de maio de 2005 16 de xuño de 2005 Modelo 34KS.
Foton M 3 14 de setembro de 2007 26 de setembro de 2007 Modelo 34KS.
Foton M 4 18 de xullo de 2014 1 de setembro de 2014 Modelo 34KSM. Regresou antes de tempo por problemas técnicos.

Notas editar

  1. Mark Wade (2020). "Foton" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Foton-M 1, 2, 3 (34KS)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 3,4 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Foton-M 4, 5 (34KSM)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar