Foton (satélites)

Foton é o nome dunha serie de satélites soviéticos e posteriormente rusos adicados á investigación de materiais.[1][2]

Unha nave Foton en exposición.

Características

editar

O programa Foton foi desenvolvido para estudar o efecto da exposición ás condicións do espazo de diversos materiais. Inicialmente as naves Foton eran un derivado das usadas no programa Bion, á súa vez descendentes das naves tripuladas Vostok e dos satélites de recoñecemento Zenit. As tres primeiras naveces Foton foron prototipos que foron nomeados Kosmos 1645, Kosmos 1744 e Kosmos 1841. A primeira nave Foton operativa foi lanzada o 14 de abril de 1988, e tras ela lanzáronse oito máis.[1][2]

As naves Foton tiñan uns 6200 kg de masa, unha altura de 6,2 m e un diámetro máximo de 2,5 m. Estaban divididas en tres seccións: o módulo de servizo e retropropulsión, a cápsula recuperable coa carga útil e módulo de equipamento. A cápsula recuperable podía albergar ata 700 kg de carga e tiña un volume interno de 4,7 m3. A enerxía eléctrica era proporcionada por baterías, subministrando ata 400 W de potencia ao día. As naves non levaban paneis solares e os voos duraban entre 13 e 16 días. Tódalas naves Foton foron lanzadas mediante foguetes Soiuz U. O programa continuou coas naves Foton M.

Misións Foton

editar
Misión[2] Data de lanzamento[2] Data de regreso[2] Notas[2]
Kosmos 1645 16 de abril de 1985 29 de abril de 1985 Prototipo
Kosmos 1744 21 de maio de 1986 4 de xuño de 1986 Prototipo
Kosmos 1841 24 de abril de 1987 8 de maio de 1987 Prototipo
Foton 1 14 de abril de 1988 28 de abril de 1988
Foton 2 26 de abril de 1989 11 de maio de 1989
Foton 3 11 de abril de 1990 27 de abril de 1990
Foton 4 4 de outubro de 1991 20 de outubro de 1991
Foton 5 8 de outubro de 1992 24 de outubro de 1992
Foton 6 14 de xuño de 1994 2 de xullo de 1994
Foton 7 16 de febreiro de 1995 30 de marzo de 1995
Foton 8 9 de outubro de 1997 23 de outubro de 1997 O módulo de batería foi substituído pola cápsula de reentrada alemán Mirka.
Foton 9 9 de setembro de 1999 24 de setembro de 1999
  1. 1,0 1,1 Mark Wade (2020). "Foton" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 Gunter Dirk Krebs (2020). Gunter's Space Page, ed. "Foton (34KS)" (en inglés). Consultado o 9 de abril de 2020. 

Véxase tamén

editar

Outros artigos

editar