Forza Aérea de Kenya

A Forza Aérea de Kenya é a rama do servizo nacional de guerra aérea da República de Kenya.

Forza Aérea de Kenya
Jeshi la Wanahewa
Insignia da Forza Aérea de Kenya
Activa1 de xuño de 1964
PaísQuenia Kenya
Tipoforza aérea
Papelguerra aérea
Páxina webhttps://mod.go.ke/kenya-air-force/
Insignias
Escarapela

A base aérea principal onde operan os cazas é a base aérea de Laikipia en Nanyuki, mentres que o cuarter xeral atópase na base aérea de Moi en Eastleigh, Nairobi. Outras bases son a Base Operativa Avanzada (FOB) de Mombasa (aeroporto internacional de Moi), FOB Mandera, FOB Wajir e FOB Nyeri (principalmente para helicópteros e avións pequenos).

A Forza Aérea de Kenya voa 23 cazas F-5E/F Tiger II, 11 adestradores Tucano, e nove de adestradores básicos G120A. Tamén ten pequenas cantidades doutros modelos de aeronaves coo helicópteros Puma e Mi-17.[1] Entre as últimas adquisicións hai avión de ataque lixeiros AT-802L e adestradores AT-504,[2] baseados os dous en avións agrícolas, helicópteros H125 Écureuil e AS550C3 Fennec,[3] ou transportes C-27J Spartan.[4]

  1. "2024 World Air Forces directory". Flight Global (en inglés). Consultado o 2024-05-03. 
  2. "Kenya turns to crop dusters to turbo charge its forces". Times Aerospace. Consultado o 2024-05-03. 
  3. "Kenyan Air Force acquires H125 Écureuil and an AS550C3 Fennec (H125M) from Airbus Helicopter". Military Africa (en inglés). 2018-10-17. Consultado o 2024-05-03. 
  4. "Kenyan Air Force receives two C-27J Spartan tactical airlift aircraft". Military Africa (en inglés). 2020-02-05. Consultado o 2024-05-03.