Formiga lexionaria

O termo de formiga lexionaria[1] aplícase a máis de 200 especies de formigas de diferentes xéneros. Por mor da súa agresiva depredación en grupos de alimentación, coñecidos como "incursións", un gran número de formigas aliméntanse de xeito simultáneo nunha área limitada.[2]

Formigas lexionarias do xénero africano Dorylus.

Outro trazo compartido entre elas é, que ao contrario da maioría de especies de formigas, as lexionarias non constrúen niños permanente; unha colonia de formigas lexionarias móvese de maneira case incesante durante todo o tempo que existe. Tódalas especies son membros da familia Formicidae, mais diferentes grupos evolucionaron de maneira independente desenvolvendo o mesmo comportamento e síndrome ecolóxica. Esta síndrome é coñecida como "comportamento lexionario", e pode ser un exemplo de evolución converxente.[3][a]

Notas editar

  1. "There are also interesting [evolutionary] convergences within the ants. Although most ant colonies live a settled existence in a fixed nest, there seems to be a successful living to be made by wandering in enormous pillaging armies. This is called the legionary habit." (Dawkins 1986)
  1. Xulio Gutiérrez. Viaxeiros. Animais extraordinarios (PDF). Kalandraka. ISBN 978-84-16721-38-2. 
  2. Schneirla, Theodore Christian (1971). Topoff, Howard R., ed. Army Ants: A Study in Social Organization. San Francisco: W. H. Freeman and Company. ISBN 978-0-7167-0933-6. OCLC 210501. 
  3. Brady, Seán G. (2003). "Evolution of the army ant syndrome: The origin and long-term evolutionary stasis of a complex of behavioral and reproductive adaptations". Proceedings of the National Academy of Sciences of the United States of America 100 (11): 6575–9. PMC 164488. PMID 12750466. doi:10.1073/pnas.1137809100. 

Véxase tamén editar

Bibliografía editar