Formas infinitas do verbo

(Redirección desde «Formas infinitas»)

As formas infinitas, tamén denominadas impersoais ou amodotemporais, caracterízanse pola ausencia de sufixo de modo e tempo e de sufixo de número e persoa (a excepción do infinitivo conxugado), presentando só morfema de aspecto. O Participio presenta flexión de xénero e número. Sintacticamente non poden ser nunca verbo principal.

Valores

editar

As formas infinitas poden expresar calquera valor de modo ou tempo. Segundo o contexto poden expresar unha acción:

  • Anterior á enunciación: Rematado o traballo, podemos descansar
  • Simultánea á enunciación: Para de chorar
  • Posterior á enunciación: Agardo ter vacacións este verán

Estas formas opoñeránse polo aspecto:

  • O Infinitivo: é aspectualmente neutra.
  • O Xerundio: presenta a acción na súa fase central, xeralmente no seu desenvolvemento.
  • O Participio: presenta o resultado da acción, xeralmente no seu termo.