Fondo (gastronomía)

Na cociña chámaselle fondo a un caldo concentrado que se elabora como primeiro paso dunha preparación. Pode considerarse unha salsa básica. Na preparación úsanse ósos (ou espiñas no caso de que se trate de pescados) que se someten a unha lenta cocción, xeralmente aromatizada a base de verduras e especias e herbas aromáticas.

Fondo elaborado con verduras.

Existen diversos tipos de fondos en función do proceso culinario: fondos brancos, escuros, fumet, e glacés.