Following

filme de 1998 dirixido por Christopher Nolan

Following é un filme británico de 1998 escrito e dirixido por Christopher Nolan. Conta a historia dun home novo que segue a estraños polas rúas de Londres e vese envolto no mundo criminal ó non poder manter a distancia.

Following
Ficha técnica
Título orixinalFollowing
DirectorChristopher Nolan
Produtor
GuiónChristopher Nolan
Intérpretes
MúsicaDavid Julyan
FotografíaChristopher Nolan
Montaxe
  • Gareth Heal
  • Christopher Nolan
EstudioNext Wave Films
DistribuidoraMomentum Pictures
Duración69 minutes[1]
OrixeReino Unido Reino Unido[2]
XéneroThriller
Orzamento6 000 dólares[3][4]
Recadación48 482 dólares[3]

Foi o primeiro filme dirixido por Nolan e foi deseñado para ser o máis barato posible na produción. As escenas ensaiáronse moito, polo que só se precisaron unha ou dúas tomas para economizar no material de película de 16 mm, o maior gasto da produción, e polo cal Nolan pagaba co seu salario. Ao non poder permitirse o custoso equipo de iluminación profesional, Nolan empregou principalmente a luz dispoñíbel. Ademais de escribir, dirixir e fotografar o filme, Nolan tamén axudou na edición e produción.

Following estreouse a través de The Criterion Collection en formato Blu-ray e DVD en América do Norte o 11 de decembro de 2012.

PersonaxesEditar

  • Jeremy Theobald Bill / Daniel ("Danny") Lloyd
  • Alex Haw como Cobb
  • Lucy Russell como a loira
  • John Nolan como o policía
  • Dick Bradsell como o home calvo
  • Gillian El-Kadi como propietaria da vivenda
  • Jennifer Angel como camareira
  • Nicolas Carlotti como camareiro
  • Darren Ormandy como contable
  • Guy Greenway como Heavy #1
  • Tassos Stevens como Heavy #2
  • Tristan Martin como home no bar
  • Rebecca James como muller no bar
  • Paul Mason como amigo da propietaria
  • David Bovill como marido da propietaria

NotasEditar

  1. "FOLLOWING". British Board of Film Classification. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  2. "Following (1998)". British Film Institute. Arquivado dende o orixinal o 27 de agosto de 2012. Consultado o 21 de decembro de 2014. 
  3. 3,0 3,1 "Following (1999)". Box Office Mojo. IMDb.com, Inc. Arquivado dende o orixinal o 22 de xullo de 2018. Consultado o 19 de xullo de 2009. 
  4. "Following - Box Office Data, DVD and Blu-ray Sales, Movie News, Cast and Crew Information". The Numbers. Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2014. Consultado o 24 de setembro de 2014. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar