Fokker F27 Friendship

(Redirección desde «Fokker F.27»)

O Fokker F27 Friendship é un avión turbohélice e pasaxeiros deseñado e fabricado polo desaparecido fabricante neerlandés Fokker. É o avión de posguerra máis fabricado nos Países Baixos e foi un dos avións de pasaxeiros máis exitosos da súa época en Europa.

Fokker F27 Friendship
F27 de AirUK en Heathrow
Tipopasaxeiros
FabricanteFokker
Primeiro voo24 de novembro de 1955
Introducido19 de novembro de 1958
Estadoactivo
Produción1955 - 1987
Unidades construídas586
VariantesFairchild F-27/FH-227

O F27 desenvolveuse a principios dos anos 50 coa intención de producir un sucesor capaz para os anteriores avións de pasaxeiros de pistóns comúns no mercado, como o Douglas DC-3. Unha innovación clave do F27 foi a adopción do motor turbohélice Rolls-Royce Dart, que producía moitas menos vibracións e ruído mellorando así a comodidade dos pasaxeiro. Outra importante característica que mellorou a comodidade foi a cabina presurizada. Tamén se empregaron técnicas innovadoras de fabricación na construción do avión.

O 24 de novembro de 1955 o F27 realizou o seu voo de estrea e o 19 de novembro de 1958 o tipo entrou en servizo. Pouco despois da súa introdución recoñeceuse que o F27 fora un éxito comercial. Baixo un acordo de licenza alcanzado entre Fokker e o fabricante estadounidense Fairchild, o F27 foi fabricado nos Estados Unidos por este último; Fairchild desenvolvelvou independentemente unha versión alongada do aparello que foi dsignada Fairchild FH-227. Durante os anos 80 Fokker desenvolveu un sucesor modernizado do F27, o Fokker 50, substituíndoo na produción.

Deseño

editar

O deseño do Fokker F27 comezou nos anos 50 como substituto do exitoso Douglas DC-3. O fabricante avaliou un feixe de distintas configuracións antes de decidirse finalmente por un avión de á alta con dous motores Rolls-Royce Dart e unha cabina presurizada para 28 pasaxeiros.

O primeiro prototipo, rexistrado PH-NIV, voou por vez primeira o 24 de novembro de 1955. O segundo e os primeiros exemplares de produción eran 0,9 m máis longos, proporcionando espazo para catro pasaxeiros máis ata chegar a unha capacidade de 32. Esas unidades tamén usaron os motores máis potentes Dart Mk 528.

En 1956, Fokker asinou un contrato de licenza co fabricante estadounidense Fairchild, para que este constuíse o F27 nos Estados Unidos. O primeiro exemplar fabricado neste país voou o 12 de abril de 1958. Fairchild tamén desenvolveu independentemente unha versión alongada, chamada FH-227. A meirande parte das vendas de Fairchild realizáronse no mercado norteamericano.

A principios dos 80 Fokker desenvolveu un sucesor para o Friendship, o Fokker 50. Aínda que baseado na fuselaxe do F27-500, o Fokker 50 foi virtualmente un novo avión con motores Pratt & Whitney Canada e sistemas modernos. O seu comportamento xeral e a comodidade para a pasaxe mellorou con respecto ao F27.