O Fokker C.V foi un biplano neerlandés cos roles de recoñecemento lixeiro e bombardeo fabricado por Fokker. Foi deseñado por Anthony Fokker e comezou a producirse en serie en 1924 en Ámsterdam.

Fokker C.V
Tiporecoñecemento lixeiro, bombardeiro
FabricanteFokker
Introducido1924
Principais usuariosReal Forza Aérea dos Países Baixos
Regia Aeronautica
Servizo Aéreo do Exército de Noruega
Forza Aérea de Finlandia
Unidades construídas955

Desenvolvemento editar

O C.V foi construído a principios dos anos 20 por Anthony Fokker. Foi planeado como un avión de recoñecemento e bombardeiro biplaza. Cando foi presentado ao público en 1924 fabricouse en varias versións; o cliente podía elixir entre cinco diferentes tipos de ás (que variaban na súa envergadura). Os motores radiais podían dar entre 451 e 970 cabalos. O tren de aterraxe podía ser cambiado de rodas a pontóns. O avión foi un éxito de exportación para Fokker, ao venderse ou fabricarse baixo licenza en Bolivia, a China, Dinamarca, os Estados Unidos, Finlandia, Hungría, Italia, Noruega, os Países Baixos, Suíza, a Unión Soviética e o Xapón.[1] Suecia mercou dúas versións diferentes para usar como modelos para as súas propias variantes fabricadas baixo licenza de recoñecemento S 6 e caza J 3.

Notas editar

  1. "Fokker C.V [C.5] [War over Holland - May 1940: the Dutch struggle]". www.waroverholland.nl. Consultado o 2022-03-21.