Flyboys, heroes do aire

filme de 2006 dirixido por Tony Bill

Flyboys, heroes do aire (en inglés: Flyboys) é un filme británico-estadounidense dirixido por Tony Bill que se estreou no 2006. Estreouse en galego na TVG o 6 de xaneiro de 2010.[2]

Flyboys, heroes do aire
Ficha técnica
Título orixinalFlyboys
DirectorTony Bill
ProdutorDean Devlin
GuiónPhil Sears
Blake T. Evans
David S. Ward
IntérpretesJames Franco
Martin Henderson
Jean Reno
Jennifer Decker
Abdul Salis
Philip Winchester
Tyler Labine
David Ellison
MúsicaTrevor Rabin
FotografíaHenry Braham
MontaxeChris Blunden
Ron Rosen
EstudioIngenious Film Partners
Electric Entertainment
Skydance Productions
DistribuidoraMetro-Goldwyn-Mayer
Estrea 22 de setembro de 2006
Galicia 6 de xaneiro de 2010 (TVG)
Duración140 minutos
OrixeReino Unido Reino Unido
Estados Unidos de América Estados Unidos
XéneroBélico, Acción
Orzamento$60 000 000[1]
Recadación$17 834 865
Na rede
http://www.flyboysdvd.com/
IMDB: tt0454824 Filmaffinity: 944740 Allocine: 60495 Rottentomatoes: m/flyboys Mojo: flyboys Allmovie: v324793 TCM: 643900 Metacritic: movie/flyboys TV.com: movies/flyboys-2007 Netlix: 70051672Editar o valor em Wikidata

Sinopse editar

Historia sobre os pilotos norteamericanos que conformaron a lendaria escuadra Lafayette (do exército francés) na primeira guerra mundial. O texano Blaine Rawlings sofre o desafiuzamento do seu rancho familiar de 900 e atopa o seu novo futuro nas imaxes do cine que informan da Escuadra dos heroes. O recruta Higgins, da Lexión Estranxeira Francesa, pásase do corpo de condutores de ambulancia ó escuadrón de combate. O natural de Nebrasca William Jensen, fillo dun oficial de Cabalería, alístase para manter a tradición militar da familia. Pola súa parte, Briggs Lowry únese ó escuadrón para facer algo de proveito coa súa vida, sucumbindo ás presións do seu rico e poderoso pai. Eddie Beagle, un personaxe fachendoso incapaz de disparar recto, alístase para fuxir do seu pasado. Eugene Skinner, un expatriado americano negro, desexa defender Francia, un país que lle demostrou tolerancia permitíndolle competir e converterse nun campión de boxeo, mentres que nos Estados Unidos no lle terían permitido achegarse a un avión. Durante as semanas iniciais da instrución, Rawlings coñece ó xefe de escuadrón Reed Cassidy, un mozo de 28 anos que xa se converteu nun veterano do voo de combate. Mentres os rapaces se adestran para manexar o último en biplanos franceses, o Nieuport 17, axiña se decatan da gravidade da súa situación: a esperanza de vida dun piloto é de tres a seis semanas.

Personaxes editar

Notas editar

  1. BoxOfficeMojo.com
  2. "Flyboys, heroes do aire na TVG". Diario Siglo XXI. 5 de xaneiro de 2010. Consultado o 30 de marzo de 2013. [Ligazón morta]

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar