Florencio de la Torre
profesor, xornalista e político galego
Florencio de la Torre Carrillo, finado en Palencia en maio de 1940, foi un profesor, xornalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | Galicia, España |
Morte | 1940 Palencia, España |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España |
Actividade | |
Ocupación | xornalista , catedrático , político |
Lingua | Lingua castelá |
Traxectoria
editarFoi catedrático de Matemáticas do Instituto de Ourense e director do mesmo. Viaxou ao estranxeiro como bolseiro pola Junta para Ampliación de Estudios en 1927. Colaborou en Heraldo de Galicia, onde publicaba a sección "Apuntes de Roma". Na República formou parte da Agrupación Socialista de Ourense.[1] Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi cesado, separado da cátedra e sufriu expediente de incautación dos seus bens.[2] Foi sancionado cunha multa de 500.000 pesetas o 26 de xullo de 1937. Marchou a Palencia, onde vivía a súa nai Anastasia Carrillo de la Torre. Finou en Palencia en maio de 1940.[3]
Notas
editarVéxase tamén
editarBibliografía
editar- Negrín Fajardo, Olegario (2006). "La depuración franquista del profesorado en los institutos de segunda enseñanza de España (1937-1943). Estudio cuantitativo para Galicia" (PDF). Sarmiento (10): 59–99. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 04 de marzo de 2016. Consultado o 1 de setembro de 2014.