Lingua de boi

(Redirección desde «Fistulina hepatica»)
Fistulina hepatica
Clasificación científica
Reino: Fungi
División: Basidiomycota
Clase: Agaricomycetes
Orde: Agaricales
Familia: Fistulinaceae
Xénero: 'Fistulina'
Especie: ''F. hepatica''
Nome binomial
'Fistulina hepatica'
(Schaeff.) With. (1792)
Sinonimia

Boletus hepaticus Schaeff. (1774)
Fistulina buglossoides Bull. (1790)
Boletus hepaticus Vent. (1812)
Hypodrys hepaticus (Schaeff.) Pers. (1825)

A lingua de boi ou fígado de boi[1] (Fistulina hepatica), clasificado nos Agaricales, é un fungo propio do Reino Unido, tamén presente no resto de Europa e América do Norte. Posúe forma de carne crúa. Utilizouse como carne no pasado e aínda se pode encontrar en mercados. Ten un sabor amargo cun toque acedo. Para o seu consumo debe ser novo e ter unha cocción longa.

Detalles editar

A súa forma é similar á da dunha lingua grande de cor castaña encarnada. As esporas libéranse de poros diminutos na parte inferior de cor branca crema do corpo da froita. Unha Fistulina hepática nova é de cor rubia- rosácea, e vai escurecendo coa idade. A parte inferior do corpo do froito, do cal se expulsan as esporas, é unha masa de túbulos. O seu nome é un diminutivo que provén da palabra latina fístula, e significa “tubo pequeno”, mentres que o nome da especie hepática significa " como un fígado", en referencia á consistencia da súa carne. A especie é bastante común, e pódese encontrar habitualmente en soutos e carballeiras, desde agosto até finais de outono, sobre madeira viva ou morta. Tende a tinxir de castaño arroibado a madeira viva dos carballos sobre os que medra, o que lle dá unhas características á madeira moi apreciadas. En Australia, encóntranse nas feridas dos eucaliptos, que fai que as árbores se infecten e apodrezan.

Notas editar

  1. "Dicionario de alimentación e restauración" (PDF). p. 145. Arquivado dende o orixinal (PDF) o 11 de abril de 2016. Consultado o 16 de decembro de 2018. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar