Fin de siglo

filme de 2019 dirixido por Lucio Castro

Fin de siglo é un filme arxentino de 2019 dirixido por Lucio Castro.[1] Está protagonizado por Juan Barberini no papel de Ocho, un home arxentino de vacacións en Barcelona que ten un encontro sexual casual con Javi (Ramon Pujol). Porén, ámbolos dous descobren que xa se coñeceran 20 anos antes, en 1999, cando estaban no armario e demasiado temerosos de comezar unha relación entre eles.[2] O filme tamén conta coa interpretación de Mía Maestro como Sonia, a moza de Javi no momento do primeiro encontro.

Fin de siglo
Ficha técnica
Título orixinalFin de siglo
DirectorLucio Castro
ProdutorJoanne Lee
GuiónLucio Castro
IntérpretesJuan Barberini
Ramon Pujol
Mía Maestro
MúsicaRobert Lombardo
FotografíaBernat Mestres
MontaxeLucio Castro
EstudioAlsina 427
JWProductions
Estrea30 de marzo de 2019
Duración84 minutos
Orixe Arxentina
XéneroDrama romántico
Na rede
IMDB: tt9845398 Filmaffinity: 206478 Rottentomatoes: m/end_of_the_century Mojo: endofthecentury2019 Editar o valor em Wikidata

Estreouse no New Directors/New Films Festival o 30 de marzo de 2019.[3] Posteriormente tivo a súa estrea na Arxentina o 8 de abril no Festival Internacional de Cinema Independente de Buenos Aires, onde gañou o premio ó mellor filme arxentino.[4] Tamén se estreou en festivais de cinema xeralistas e de temática LGBT, e gañou o premio ó mellor filme no Festival de Cinema Frameline.[5]

Notas editar

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar