Filmes de Haití propostos ó Óscar ó mellor filme internacional

artigo de listas da Wikimedia

Haití presentou filmes para o Óscar ó mellor filme internacional[nb 1] por primeira vez en 2017.[3][4] O premio é concedido anualmente pola Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas dos Estados Unidos de América a unha longametraxe producida fóra dos Estados Unidos e cuxo diálogo estea principalmente nunha lingua diferente do inglés.[5] O galardón foi creado para a 28ª edición dos premios, sucedendo os premios honoríficos non competitivos que se presentaron entre 1947 e 1955 en recoñecemento dos mellores filmes en lingua estranxeira estreados nos Estados Unidos.[6]

Propostas editar

A Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas convidou as industrias cinematográficas de varios países a presentar os seus mellores filmes para o Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa dende o ano 1956.[7] O Comité desta categoría supervisa todo o proceso e revisa tódolos filmes enviados. Despois disto, realízase unha votación secreta para determinar os cinco nomeados ó premio.[5] A continuación amósase unha lista dos filmes que presentou Haití para a súa valoración pola Academia co respectivo ano e cerimonia de entrega.

Ano
(Cerimonia)
Título Lingua(s) Director Resultado
2017
(90ª)
Ayiti mon amour[4] Crioulo haitiano Felin, GuettyGuetty Felin Non nomeado
2021
(94ª)
Freda[8] Crioulo haitiano Généus, GessicaGessica Généus Non nomeado

Notas editar

  1. A categoría foi chamada anteriormente Óscar ó mellor filme en lingua non inglesa, mais isto cambiou a Óscar ó mellor filme internacional en abril de 2019, despois de que a academia considerase a denominación anterior desfasada.[1][2]
  1. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Academy announces rules for 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  2. Forbes (ed.). "Academy Announces Rule Changes For 92nd Oscars". Consultado o 12 de xullo de 2019. 
  3. Kilday, Gregg (5 de outubro de 2017). The Hollywood Reporter, ed. "Oscars: 92 Films Submitted in Foreign-Language Category". Consultado o 5 de outubro de 2017. 
  4. 4,0 4,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas, ed. (5 de outubro de 2017). "92 Countries in Competition in for 2017 Foreign Language Film Oscar". Consultado o 5 de outubro de 2017. 
  5. 5,0 5,1 Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "Rule Thirteen: Special Rules for the Foreign Language Film Award". Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas. Arquivado dende o orixinal o 30 de xullo de 2013. Consultado o 26 de agosto de 2013. 
  6. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 1". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 29 de xullo de 2008. 
  7. Academia das Artes e das Ciencias Cinematográficas (ed.). "History of the Academy Awards - Page 2". Arquivado dende o orixinal o 22 de xuño de 2008. Consultado o 21 de agosto de 2008. 
  8. "iciHaiti - Cinema : The movie Freda by Gessica Généus in competition at Oscars 2022". The World News. 13 de novembro de 2021. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2021. Consultado o 15 de novembro de 2021.