Fillos dun deus menor

filme de 1986 dirixido por Randa Haines

Fillos dun deus menor (en inglés: Children of a Lesser God) é un filme estadounidense de 1986 dirixido por Randa Haines e escrito por Hesper Anderson e Mark Medoff. É unha adaptación da obra homónima de Medoff, e está protagonizado por Marlee Matlin (que gañou o Óscar pola súa interpretación) e William Hurt que interpretan dous traballadores dun colexio para xordos.

Fillos dun deus menor
Ficha técnica
Título orixinalChildren of a Lesser God
DirectorRanda Haines
Produtor
Guión
Baseado enChildren of a Lesser God de Mark Medoff
Intérpretes
MúsicaMichael Convertino
FotografíaJohn Seale
MontaxeLisa Fruchtman
DistribuidoraParamount Pictures
Estrea3 de outubro de 1986
Duración119 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroRomance e drama
Orzamento$2 000 000[1]
Recadación$31 900 000 (América do Norte)
Na rede
IMDB: tt0090830 Filmaffinity: 223557 Allocine: 1662 Rottentomatoes: m/children_of_a_lesser_god Mojo: childrenofalessergod Allmovie: v9273 TCM: 18312 TV.com: movies/children-of-a-lesser-god Netlix: 60003584 Editar o valor en Wikidata

Foi o primeiro filme da actriz xorda Matlin, e Fillos dun deus menor salienta por ser o primeiro filme dende 1926, co filme mudo You'd Be Surprised, en ser protagonizado por actor xordo.[2] Recibiu cinco nomeamentos na 59ª edición dos Óscar, incluíndo a categoría de mellor actriz que gañou Matlin. Con só 21 anos naquela época, Matlin foi a actriz máis nova en recibir o premio nesa categoría en particular, e segue a ser a única persoa xorda en gañar en calquera categoría.[3] Fillos dun deus menor tamén foi o primeiro filme dirixido por unha muller en ser nomeado na categoría de mellor filme.[4]

Sinopse

editar

Sarah Norman é unha moza que traballa como celadora nunha escola para persoas con deficiencia auditiva en Nova Inglaterra. Un profesor novo e enérxico, James Leeds, chega á escola e incentívaa a que deixe de lado a súa vida illada, aprendendo a falar en voz alta. Como ela xa emprega a lingua de signos, Sarah resístese ás tentativas de James para facela falar, mais ela é reticente a causa dunha historia de violación. Entre James e Sarah desenvólvese unha historia romántica e van vivir xuntos, a pesar de que as súas diferenzas e teimosía mutua os levan case ata a ruptura, pois el continúa a querer que ela fale, aínda que a súa soa presenza atafegue a Sarah.

Sarah deixa a James e vai vivir coa súa nai nunha cidade próxima, reconciliándose no proceso. Mentres, ela e James encontran un xeito de resolveren as súas diferenzas.

Personaxes

editar
  1. Box Office Information for Children of a Lesser God. Arquivado 01 de xullo de 2013 en Wayback Machine. The Wrap. Consultado o 4 de xaneiro de 2013
  2. Schuchman, John S. (1999). University of Illinois Press, ed. Hollywood Speaks: Deafness and the Film Entertainment Industry. Urbana, IL. p. 82. ISBN 978-0-252-06850-8. 
  3. Academy of Motion Picture Arts and Sciences (ed.). "Help Page – Academy Awards Database – AMPAS". Arquivado dende o orixinal o 14 de xaneiro de 2012. Consultado o 26 de maio de 2011. 
  4. Michaelson, Judith (21 de xullo de 1991). "What Took So Long?". Los Angeles Times. Consultado o 27 de marzo de 2017. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar