Abrir o menú principal

Filippo Sassetti, nado en Florencia en 1540 e morto en Goa en 1588, foi un mercador, explorador e lingüista.

Filippo Sassetti
Filippo Sassetti.jpg
Nacemento1540 e 26 de setembro de 1540
 Florencia
Falecemento3 de setembro de 1588
 Goa
Ocupaciónexplorador e lingüista
editar datos en Wikidata ]

Índice

TraxectoriaEditar

Distinguiuse pola súa participación nos debates culturais das distintas academias florentinas da época, con cuxa ocasión escribiu un Discorso sopra Dante (‘Discurso sobre Dante’) e distinguiuse tamén pola súa tradución da Poética de Aristóteles. Tras conterterse en axente comercial en 1578, Sassetti pasou algúns anos primeiro en España e logo en Portugal, de onde partiu para emprender a empresa que sempre proxectara: viaxar polo subcontinente indio.

Foi un dos primeiros europeos a estudar o sánscrito, a antiga lingua da India. En 1585, notou similitudes entre algunhas palabras sánscritas e italianas (ex. deva/dio ‘deus’, sarpa/serpe ‘serpe’, sapta/sette ‘sete’, ashta/otto ‘oito’, nava/nove ‘nove’). As súas observacións anticiparon o descubrimento da familia lingüística indoeuropea. Sassetti morreu en Goa, na India en 1588.

Véxase taménEditar

BibliografíaEditar

  • Marcucci E. M., Lettere edite e inedite di Pilippo Sassetti raccolte e annotate, Firenze 1855.
  • Muller Jean-Claude, Early stages of language comparison from Sassetti to Sir William Jones (1786), Kratylos 1986 31.1-31.

Artigos relacionadosEditar