Figuerola d'Orcau

vila catalana da provincia de Lleida


Figuerola d'Orcau[1] é unha vila catalá da provincia de Lleida, que foi concello de seu ata 1970, momento no que se fusionou con Isona, ao tempo que o fixeron Benavent de Tremp, Conques, Orcau e Sant Romà d'Abella, formando o termo municipal de Isona i Conca Dellà, dentro da comarca do Pallars Jussà.

Está situada a 6 km no oeste-noroeste da cabeza do municipio, ao leste da Segla de les Bassades, afluente pola dereita do río de Conques, afluente do río d'Abella, que ao pasar por Gavet de la Conca se transforma no río Gavet e que verque na Noguera Pallaresa, e pouco despois xa na Conca de Tremp. O río de Conques e o río d'Abella son os que vertebran a Conca Dellà.

Etimoloxía editar

Segundo Coromines,[2] a primeira parte do topónimo é unha palabra romance derivada da parabla figa. Unha figuerola é unha figueira pequena ou nova. A segunda parte provén do feito de que o lugar pertencía á baronía d'Orcau. O nome do pobo está documentado desde 1071.

A vila editar

 
Portal de Isona

A vila de Figuerola d'Orcau está no alto dun cerro, a 552 m. alt., e forma un núcleo pechado polas propias clases, entras as que se obren cinco portais que daban - e aínda hoxe o fan- acceso ao interior do recinto. Tres deles, segundo a tradición, son os orixinais: o do Marquesó, o da Fonte e o de Marisans. Aínda pervive na memoria dos máis vellos da vila os tempos en que os portais se pechaban de noite para que non puidese entrar ninguén. Tanto o peche da vila, como os portais e os trazasos das rúas lévannos sen dúbida a unha vila medieval.

 
Os soportais da Praza Maior

No centro hai unha praza porticada e sobre os seus soportais está o edificio que en tempos albergou a Casa da vila e a escola pública, hoxe transformada en vivendas. Desta praza saens cinco rúas que percorren a vila, pasando por máis dunha ducía de arcos, a mioría claramente medievais.

A parte máis alta do clos da vila, que foi moi alterado polas reformas das casas que o forman, semella presentar un segundo recinto interior: este sería, propiamente, o castelo de Figuerola d'Orcau. Deste non quedan vestixios moi definidos, pero o trazado das rúas e a parte baixa dos muros que se inclúen permite adeviñalo.

Actividade económica editar

Figuerola d'Orcau non se diferencia moito do resto das poboacións do termo ao que pertence, De base agraria e gandeira, os cultivos tradicionais son as gramíneas, o aceite, verduras para consumo propio, pastos e, antigamente, un viño de moi boa calidade.

Segundo Pascual Madoz, a mediados do século XIX Figuerola d'Orcau producía trigo, cebada, centeo, fabas, millo, cáñamo, xudías, fruita,viño e seda. Tamén contaba con gando, sobre todo vacún e mular. A caza era abundante (perdices, lebres, coellos e codornices ).

Houbo un muíño -o Muíño do Canal-, unha fábrica artesanal de augardente, un hostal, unha tenda, un forno e unha taberna.

No século XXI o panorama musou substancialmente: seguena aser importantes as explotacións agrarías, sobre todo de amédndoas, cebada e trigo e o sector gandeiro especializouse case exclusivamente na explotación porcina. Do resto de produtos enumerados por Madoz non queda nada ou case nada.

Festas e celebracións editar

Celébranse dúas festas maiores ao longo do ano: a festa grande ou de verán, polo 15 de agosto, e a de inverno, o 17 de xaneiro, con motivo do Santo Antonio.

Comunicacións editar

Está comunicado polas estradas comarcais C-1412b e C-1412bz con Isona e Tremp e pola estrada local LV-5112 con Orcau.

Notas editar

  1. «Figuerola d'Orcau». L'Enciclopèdia.cat. Barcelona: Grup Enciclopèdia Catalana.
  2. Coromines 1995.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

Ligazóns externas editar