Figueiredo, Piñeira, Ribas de Sil
lugar da parroquia de Piñeira, no concello de Ribas de Sil
Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Figueiredo.
Figueiredo é un lugar da parroquia de Piñeira, no concello de Ribas de Sil, na beira do río Sil. Segundo o IGE no 2008 tiña 24 habitantes (11 homes e 13 mulleres).
Figueiredo | |
---|---|
Vista da aldea. | |
Parroquia | Piñeira |
Concello | Ribas de Sil |
Coordenadas | 42°24′57″N 7°13′47″O / 42.4158, -7.2298 |
Poboación | 18 hab. (2017) |
[ editar datos en Wikidata ] |
Está situada na comarca de Quiroga, a uns 10 km de Quiroga e San Clodio, cos que se comunica a través da N-120.
Recursos
editarA economía do lugar é de subsistencia. A idade media da poboación é moi alta, con bastantes xubilados. Malia que hai moita emigración cara ás vilas da Rúa de Valdeorras, Petín, San Clodio ou Quiroga, estanse construíndo novas casas coma segunda residencia.
Festas
editarMalia que o común era celebrar a festividade de San Sebastián, o 20 de xaneiro, para aumentar a asistencia ás festas ultimamente celébrase en agosto.
Galería de imaxes
editar-
Vista do río Sil.
Lugares e parroquias
editarLugares de Piñeira
editarLugares da parroquia de Piñeira no concello de Ribas de Sil (Lugo) | |
---|---|