Fiare Banca Ética

Fiare Banca Ética é un banco cooperativo de finanzas éticas.

Traxectoria editar

Naceu da unión de dous proxectos de finanzas éticas, da Banca Popolare Etica de Italia e de Fiare do Estado Español.[1]

Segundo o informe Finanzas Éticas e Sustentábeis en Europa presentado no Parlamento Europeo en 2019 non precisou ningunha axuda na crise económica de 2008-2013.[2]

No Estado español editar

En 2016 os maiores investimentos no Estado español foran dous proxectos de covivenda para séniors en Madrid e Cuenca.[3] No ano 2019 asinou un acordo de colaboración comercial e financeiro coa Confederación Empresarial Española da Economía Social (CEPES).[4]

En 2019 tiña oficinas en Bilbao e Madrid e unha delegación en Barcelona[5] e na Galiza, grupos de iniciativa territorial[6] e os proxectos que recibiran máis financiamento foran os de inserción social e laboral.[7]

Notas editar

  1. "Quen somos". Consultado o 4 de outubro de 2018. 
  2. Andrés Gil (6 de febreiro de 2019). "La banca ética se reivindica frente a la tradicional: ningún rescate durante la crisis, mayores rentabilidades y más créditos". eldiario.es. Consultado o 8 de febreiro de 2019. (en castelán)
  3. "La banca ética en España y el caso de Fiare Banca Etica". www.publico.es. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  4. Press (24 de xullo de 2019). "CEPES se une con Fiare Banca Ética para facilitar crédito y servicios financieros a empresas de Economía Social". www.europapress.es. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  5. "FIARE Banca Etica abre oficina en Madrid". Economía solidaria (en castelán). Arquivado dende o orixinal o 08 de agosto de 2019. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  6. "GIT Galiza". Fiare Banca Ética. Consultado o 8 de agosto de 2019. 
  7. "Fiare Banca Ética finanza con 10 millones a entidades con proyectos sociales". La Vanguardia. 2 de abril de 2019. Consultado o 8 de agosto de 2019. 

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo é, polo de agora, só un bosquexo. Traballa nel para axudar a contribuír a que a Galipedia mellore e medre.