Festival de Málaga de Cine Español

(Redirección desde «Festival de Cinema de Málaga»)

O Festival de Málaga, oficialmente Festival de Málaga Cine Español (FMCE), é unha mostra cinematográfica celebrada anualmente en Málaga, España.

Festival de Málaga de Cine Español
Logo
AcrónimoFMCE
Tipofestival de cinema
Data de fundación1998
PaísEspaña
36°43′N 4°25′O / 36.72, -4.42
Na rede
https://festivaldemalaga.com
IMDB: ev0000416 Facebook: FestivalMalaga Twitter: festivalmalaga Instagram: festivalmalaga Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Ademais de proxectar as estreas máis relevantes do ano do cine español, prémianse as mellores películas do ano e concédense galardóns honoríficos. O galardón principal é a Biznaga de Ouro.

Historia

editar

O Festival de Málaga de Cine Español naceu en 1998 e en cada unha das súas edicións mantivo como obxectivo favorecer a difusión e promoción da cinematografía española, reunindo cada ano aos diferentes sectores da industria cinematográfica, xerando foros, debates e encontros co fin de analizar os avances e as necesidades do cine español, como escaparate para o traballo dos profesionais do sector audiovisual.

O Festival de Málaga mostra cine español inédito en longametraxes, curtametraxes e documentais, con eventos significados como Mercadoc, Mercado do Documental Español e Iberoamericano; Málaga Screenings, Mercado da Longametraxe Española; TV Market, Mercado da ficción e animación españolas para televisión; Málaga Audiovisual, representación do audiovisual de Málaga en Mercadoc e Market Screenings; Zonazine, longametraxes, curtametraxes e ciclos para o público novo.

O Festival consolidouse como a principal plataforma e evento da industria cinematográfica de España, e trátase dun acontecemento cultural de primeira magnitude con gran asistencia de público, que cada ano recibe un ampla cobertura de medios de comunicación, tanto nacionais como internacionais, principalmente do mundo castelanfalante.[Cómpre referencia]

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar