Ferran Torrent i Llorca, nado en Sedaví (València) o 30 de maio de 1951, é un xornalista e escritor na variante valenciana da lingua catalá.

Infotaula de personaFerran Torrent

(2012) Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento30 de maio de 1951 Editar o valor em Wikidata (72 anos)
Sedaví, España Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeEspaña Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista , escritor Editar o valor em Wikidata
Xénero artísticoNovela Editar o valor em Wikidata
LinguaLingua catalá e lingua castelá Editar o valor em Wikidata
Familia
ParentesVicent Chilet Torrent (pt) Traducir (sobriño) Editar o valor em Wikidata
Premios
Sinatura
Editar o valor em Wikidata

IMDB: nm0868481 Allocine: 227946
Twitter: ferrantorrentll Editar o valor em Wikidata

Traxectoria editar

Logo de estudar nun colexio xesuíta, comezou a carreira de Dereito, que non rematou. Antes de vivir da literatura, traballou en diversos oficios como vendedor e comercial.

Colabora os sábados e domingos no programa de radio La Primera Pedra de RAC1, amais de escribir columnas e artigos para prensa como El País, La Vanguardia o El Temps.

Obra editar

Iniciouse coa novela La gola del llop (1983), escrita xunto a Josep Lluís Seguí co pseudónimo de Pere Lavaca.

Acadou éxito de público coa serie de novela negra (o xénero no que máis publicou) protagonizada polo periodista e ex-boxeador Hèctor Barrera e o detective Butxana.

La mirada del tafur (1997) desenvólvese na época final do franquismo, nunha cafetería na que se organizan timbas de póquer. L'illa de l'holandés (1999) presenta un escritor e profesor universitario marxista deportado nunha illa da costa mediterránea.

  • La gola del llop (1983, xunto a Josep Lluís Seguí).
  • No emprenyeu el comissari (1984).
  • Penja els guants, Butxana! (1985).
  • Un negre amb un saxo (1987).
  • Cavall i rei. Barcelona (1989).
  • L'any de l'embotit (1992).
  • Gràcies per la propina (1994; Premi Sant Jordi).
  • Tocant València. Altea (1995).
  • La mirada del tafur (1997).
  • Semental, estimat Butxana (1997, con Xavier Moret).
  • L'illa de l'holandès (1999).
  • Living l'Havana (1999).
  • Cambres d'acer inoxidable (2000).
  • Societat limitada (2002).
  • Espècies protegides (2004).
  • La vida en el abismo (2004).
  • Judici final (2006).
  • L'any de l'embotit (2007).
  • Només socis (2008).
  • Bulevard dels francesos (2010).

Escribiu dúas obras de teatro xunto a Carles Alberola: O tu o res (1991) e Nit i dia (1993).

Varias das súas obras foron traducidas ao castelán e ao francés, e tres delas (Un negre amb un saxo, Gràcies per la propina e L'illa de l'holandés) foron levadas ao cinema.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar