Fernando Figueroa

político salvadoreño

Fernando Figueroa, nado en Ilobasco o 4 de marzo de 1849 e finado en San Salvador o 16 de marzo de 1919, foi un militar e gobernante da República do Salvador en dúas ocasións, sendo a primeira en calidade de Segundo Designado á Presidencia e posteriormente como presidente en propiedade, entre o 14 de maio de 1885 ao 18 de xuño de 1885; e como Presidente da República electo para o período comprendido entre o 1 de marzo de 1907 ó 1 de marzo de 1919.

Fernando Figueroa
Nacemento14 de xullo de 1849
Lugar de nacementoIlobasco
Falecemento16 de xuño de 1919
Lugar de falecementoSan Salvador
NacionalidadeO Salvador
Ocupaciónpolítico
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Primeiro Mandato editar

Vendo o inminente triunfo da revolución acaudillada polo xeneral Francisco Menéndez, e ó non serlle aceptada a renuncia por parte das Cámaras Lexislativas, Rafael Zaldívar por decreto 14 de maio de 1885 deposita o cargo na persoa do xeneral Fernando Figueroa, que o día anterior fora nomeado como Segundo Designado á Presidencia, asumindo o poder executivo dende ese mesmo día. Zaldívar sae do país con rumbo a Europa e tras aceptarlle as Cámaras a nova renuncia, o xeneral Figueroa é declarado Presidente da República por decreto lexislativo de 20 do mesmo mes.[1][2]

Durante esta curta administración, o xeneral Figueroa encargouse de seguir combatendo a revolución acaudillada polo xeneral Menéndez, que malia lograr a renuncia de Zaldívar, continúa a súa loita en contra da nova administración do xeneral Figueroa por considerar que seguiría as pegadas de Zaldívar, a pesar de que Figueroa propuña ás Cámaras a convocatoria a eleccións presidenciais.[3]

Esgotados os medios de conciliación, e tratando de achandar o camiño para a paz, Figueroa deposita o cargo no senador José Rosales o 18 de xuño de 1885.

Segundo Mandato editar

O xeneral Fernando Figueroa resulta electo por maioría de votos como Presidente da República para o período 1907-1911, sucedendo a Pedro Escalón en cuxa administración se desempeñou como Secretario de Guerra e Mariña, e como o seu Vicepresidente ó doutor Manuel Enrique Araujo.[4]

Ó asumir como presidente asume na súa persoa a calidade de Secretario de Guerra, nomeado ademais como Secretario de Gobernación, Fomento e Instrución Pública a Tomás G. Palomo, como Secretario de Relacións Exteriores, Xustiza e Beneficencia a Ramón García González e como Secretario de Facenda e Crédito Público a Federico Mejía.[5]

Durante este segundo mandato, ampliouse a rede ferroviaria do país e a rede eléctrica.[6]

Notas editar

  1. Diario Oficial del 14 de mayo de 1885
  2. Diario Oficial del 27 de mayo de 1885
  3. El General Menéndez y sus victimarios, pág. 47
  4. Diario Oficial del 22 de febrero de 1907
  5. Diario Oficial del 2 de marzo de 1907
  6. Diario de Hoy. Revista Centuria del 24 de noviembre de 1999