Abrir o menú principal

Fernando Avecilla Porto

Fernando Avecilla Porto, nado na Coruña o 3 de marzo de 1964, é un ex-xogador de hóckey sobre patíns e profesor e investigador do departamento de Química Fundamental de Universidade da Coruña.

Fernando Avecilla Porto
Nacemento3 de marzo de 1964
 A Coruña
NacionalidadeEspaña
Alma máterUniversidade da Coruña
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria deportivaEditar

Foi xogador internacional de hóckey sobre patíns. Pertenceu aos equipos Hockey Club Liceo da Coruña e A.A. Dominicos, proclamándose campión da Copa do Rei en 1990 con este último equipo, e marcando o primeiro dos dous goles do equipo coruñés na final ante o Reus Deportiu disputada en Alcobendas (Madrid). Formou parte da selección española absoluta en 45 ocasións, obtivo o título de campión do mundo (Arxentina 1989) e, nos campionatos de Europa, as medallas de prata en categoría absoluta (Italia 1990) e de bronce en categoría júnior (Bélxica 1983). Está en posesión do título de adestrador nacional de hóckey a patíns e da Orde ó Mérito Olímpico, que lle outorgou o Comité Olímpico Español en 1995.

Traxectoria profesionalEditar

No eido académico, obtivo o doutoramento en Ciencias Químicas pola Universidade da Coruña en 1998 e traballa no departamento de Química Fundamental (Sección Química Inorgánica).

Véxase taménEditar