Fer Ruiz

futbolista español

Fernando Ruiz Izaguirre, máis coñecido como Fer Ruiz, nado en Madrid o 11 de xullo de 1991, é un futbolista español que xoga como centrocampista no Fuenlabrada, da Primeira División RFEF.

Fer Ruiz
Información persoal
Nome Fernando Ruiz Izaguirre
Nacemento 11 de xullo de 1991
Lugar de nacemento Madrid
Altura 1,83 m.
Posición Centrocampista
Información de club
Club actual Fuenlabrada
Número 17
Carreira xuvenil
–2010 Rayo Vallecano
Carreira sénior
Anos Equipos Aprs (Gls)
2010–2011 Trival Valderas 0 (0)
2011–2012 Carabanchel
2012–2014 Leganés 64 (9)
2014–2018 San Sebastián de los Reyes 126 (21)
2015–2016 Puerta Bonita 18 (3)
2018–2019 Salamanca 18 (4)
2019 Burgos 16 (1)
2019–2022 San Sebastián de los Reyes 88 (12)
2022– Fuenlabrada 46 (6)
Partidos e goles só en liga doméstica.
Club: actualizado a 1 de novembro de 2023.
editar datos en Wikidata ]

Traxectoria editar

Formouse como futbolista na canteira do Rayo Vallecano e na tempada 2010/11 debutou na Terceira División nas filas do Trival Valderas de Alcorcón.[1] Tras pasar polo Carabanchel recalou en 2012 no Leganés, no que militou dúas campañas, logrando na segunda delas o ascenso á Segunda División.[2]

No verán de 2014 converteuse en novo xogador do San Sebastián de los Reyes, na Terceira División. Disputou 36 partidos co equipo madrileño durante a tempada 2014/15, 29 deles como titular, e marcou 7 goles. Comezou a seguinte campaña cedido no Puerta Bonita,[3] pero regresou no mercado invernal, contribuíndo no ascenso do Sanse á Segunda División B.[4] Durante as seguintes dúas tempadas na categoría de bronce, foi titular indiscutible e sumou 13 goles na categoría. Na tempada 2018/19 xogou no Salamanca e no Burgos,[1] antes de regresar ao San Sebastián, co que acadou os 221 partidos oficiais. Marcou un total de 34 goles e foi capitán do equipo, que deixou en 2022, militando na Primeira División RFEF.

A continuación asinou co Fuenlabrada, da mesma categoría.[5]

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "El Burgos ficha a Fer Ruiz, procedente del Salamanca" (en castelán). 22 de xaneiro de 2019. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  2. "El histórico ascenso en L'Hospitalet cumple siete años" (en castelán). 22 de xuño de 2021. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  3. "Tres excelentes fichajes para el C.D. Puerta Bonita (Temporada 2015/16)" (en castelán). 24 de agosto de 2015. Arquivado dende o orixinal o 01 de novembro de 2023. Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  4. Fernández, Christian (16 de xullo de 2018). "Fer Ruíz, nueva pólvora para la delantera culturalista" (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2023. 
  5. Romano, Marcos (3 de xullo de 2022). "Fer Ruiz se convierte en el primer ‘fichaje’ del Fuenlabrada para la temporada 2022-23". As (en castelán). Consultado o 1 de novembro de 2023. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar