Federico Pérez Lago
comerciante e político galego
Federico Pérez Lago, nado en Ferrol cara a 1873 e finado na mesma cidade o 14 de novembro de 1961,[1] foi un comerciante e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 1873 ![]() Ferrol, España ![]() |
Morte | 14 de novembro de 1961 ![]() Ferrol, España ![]() |
Alcalde de Ferrol | |
![]() | |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | España ![]() |
Actividade | |
Ocupación | político ![]() |
Lingua | Lingua castelá ![]() |
Traxectoria
editarComerciante en Ferrol. Concelleiro republicano de Ferrol, foi nomeado alcalde de Ferrol por Real Orde en outubro de 1913[2]. O 26 de marzo de 1930 foi un dos asinantes do Pacto de Lestrobe. Concelleiro republicano e pai dun tenente de Artillaría destinado en Ferrol. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936 foi detido e xulgado en Ferrol por traizón, sendo condenado a cadea perpetua.
Predecesor: Emilio Antón Iboleón |
Alcalde de Ferrol 1913 |
Sucesor: Emilio Antón Iboleón |
Notas
editar- ↑ La Voz de Galicia, 18-11-1961, p. 8.
- ↑ El Correo de Galicia, 10-10-1913, p. 2.
Véxase tamén
editarLigazóns externas
editar- Federico Pérez Lago na páxina web Nomes e Voces.