Federacion Estudantil Libertaria

A Federación Estudantil Libertaria (FEL) é unha organización estudantil de orientación libertaria da Península Ibérica.

Federacion Estudantil Libertaria
Tipoórgano administrativo
editar datos en Wikidata ]

Historia editar

A FEL naceu o 16 de xullo de 2014, durante o Congreso Estudantil Libertario que tivo lugar na localidade de Chinchón, Comunidade de Madrid. Este congreso supuxo o punto culminante nun proceso de confluencia entre varios colectivos estudantis libertarios de ámbito local.

Organización editar

A FEL organízase en congresos, posuíndo para a súa coordinación entre estes un Comité Federal onde están representadas as distintas agrupacións locais ou de centro e que nomea un Secretariado Permanente para levar a cabo os acordos da federación. Ademais, cada agrupación local funciona de forma asemblearia.

A organización posúe agrupacións en Santiago de Compostela, Vigo, A Coruña, Madrid, Ourense, Sevilla e Zaragoza.

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar


 
 Este artigo non contén imaxes. Pode axudar cargando imaxes, na Galipedia ou na Wikimedia Commons, relacionadas co contido do artigo, ou incluíndo unha xa existente.
 Debe ter en conta as políticas de uso de imaxes e o respecto polos dereitos de autoría.