Federación Española de Actividades Subacuáticas
Este artigo é orfo, xa que carece doutros artigos que apunten cara a el. Por favor, engade ligazóns a esta páxina desde outros artigos relacionados con este. |
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2013.) |
A Federación Española de Actividades Subacuáticas (FEDAS) é un organismo español que regula as actividades relacionadas co mundo subacuático, como o mergullo deportivo, a pesca submarina, a natación con aletas, hóckey subacuático, rugby subacuático e a fotografía do fondo mariño. É a máxima autoridades deportiva española no ámbito dos deportes subacuáticos. Como federación nacional agrupa todos os grupos do Estado, e é membro da Confederación Mundial de Actividades Subacuáticas. En Galicia existe tamén a Federación Galega de Actividades Subacuáticas.
Historia
editarEn 1947 constituíuse o Comité de Actividades Subacuáticas, ante o grande incremento de prácticas como a pesca submarina ou a inmersión con escafandro autónomo, que deron pé á creación de numerosos clubs. O Comité foi integrado dentro da Federación Española de Pesca, tomando o nome de Federación Española de Pesca e Actividades Subacuáticas. En 1959 o Comité participou na creación da Confederación Mundial de Actividades Subacuáticas, xunto con outras federacións nacionais. En marzo de 1967 o Comité fíxose autónomo da Federación de Pesca, tomando o nome de Federación Española de Actividades Subacuáticas.