Fear Street Part One: 1994

filme de 2021 dirixido por Leigh Janiak

Fear Street Part One: 1994 é un filme estadounidense de 2021 dirixido por Leigh Janiak, cun guión escrito por Phil Graziadei e Janiak, a partir dunha historia orixinal de Kyle Killen, Graziadei e Janiak.[1] Está baseado na serie de libros escritos por R. L. Stine, sendo o primeiro título da triloxía Fear Street. Está protagonizado por Kiana Madeira, Olivia Scott Welch, Benjamin Flores Jr., Julia Rehwald, Fred Hechinger, Ashley Zukerman, Darrell Britt-Gibson e Maya Hawke. O filme conta a historia dun grupo de adolescentes en Shadyside que están aterrorizados por unha serie de asasinos en serie que asolaron a vila por séculos.

Fear Street Part One: 1994
Ficha técnica
Título orixinalFear Street Part One: 1994
DirectorLeigh Janiak
Produtor
Guión
  • Phil Graziadei
  • Leigh Janiak
Baseado enFear Street de R. L. Stine
Intérpretes
Música
FotografíaCaleb Heymann
MontaxeRachel Goodlett Katz
EstudioChernin Entertainment
DistribuidoraNetflix
EstreaOs Ánxeles: 28 de xuño de 2021
Flag of the United States.svg 2 de xullo de 2021
Duración107 minutos
OrixeEstados Unidos de América Estados Unidos
XéneroTerror
Filme seguinteFear Street Part Two: 1978

Producido por Chernin Entertainment, a adaptación de Fear Street comezou en 20th Century Studios en 2015, con Janiak como director. A rodaxe da triloxía estendeuse dende marzo até setembro de 2019 en Xeorxia, estando prevista a súa estrea en xuño de 2020. Porén, a triloxía foi adiada por mor da pandemia de COVID-19. Despois da adquisición de 21st Century Fox por Disney, Chernin Entertainment acabou co acordo de distribución de 20th Century Studios e deullos a Netflix en agosto de 2020.

Fear Street Part One: 1994 estreouse en Los Angeles State Historic Park o 28 de xuño de 2021, e en Netflix o 2 de xullo de 2021, sendo estreados os próximos dous títulos Part Two: 1978 e Part Three: 1666, as dúas semanas seguintes. O filme recibiu valoracións positivas por parte da crítica.

PersonaxesEditar

NotasEditar

  1. Fleming, Mike Jr. (11 de agosto de 2020). "Will 2021 Be The Summer Of Fear? Netflix Eyes That Slot After Landing R.L. Stine 'Fear Street' Movie Trilogy From Disney & Chernin; Leigh Janiak Directed The Trio". Deadline Hollywood. Arquivado dende o orixinal o 12 de agosto de 2020. Consultado o 11 de agosto de 2020. 
  2. Atkinso, John (2 de xullo de 2021). "Fear Street Part 1: 1994 Cast & Character Guide". Screen Rant. Arquivado dende o orixinal o 03 de xullo de 2021. Consultado o 6 de xullo de 2021. 

Véxase taménEditar

Ligazóns externasEditar