O faro de Cordouan (Pronunciación francesa: ​[kɔʁdwɑ̃]) é un faro activo situado a 7 km. no mar, preto da desembocadura da ría do Xironda en Francia. A unha altura de 67,5 m.,[1] é o décimo "faro tradicional" máis alto " no mundo.

Modelo:Xeografía físicaFaro de Cordouan
Imaxe
(2006)
Tipofaro Editar o valor en Wikidata
Situado na entidade xeográficaPlateau de Cordouan (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Localización
División administrativaLe Verdon-sur-Mer, Francia Editar o valor en Wikidata
Mapa
 45°35′11″N 1°10′24″O / 45.58632, -1.173325
Bañado porEstuário da Gironda (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Características
Dimensións67,5 (altura) m
Material usadopedra Editar o valor en Wikidata
SuperficiePatrimonio da Humanidade: 17.015,0957 ha
zona de protección: 83.879,8361 ha Editar o valor en Wikidata
Patrimonio da Humanidade  
TipoPatrimonio cultural  → Europa-América do Norte
Data2021 (44ª Sesión), Criterios de Patrimonio da Humanidade: (i) e (iv) Editar o valor en Wikidata
Identificador1625
Candidato a Patrimonio da Humanidade
Data1 de febreiro de 2002
Data de remate24 de xullo de 2021
Identificador1665
Monumento histórico clasificado
Data1862
IdentificadorPA00083858
Historia
Data de creación ou fundación1615 Editar o valor en Wikidata
Cronoloxía
2006 automatização (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Visitantes anuais20.000 Editar o valor en Wikidata

O Tour de Cordouan, o "Patriarca dos Faros", é con diferenza o faro máis antigo de Francia, a súa construción comezou en 1584 e rematou en 1611. Deseñado polo destacado arquitecto parisiense Louis de Foix, o faro é unha especie de obra mestra do Renacemento, que se inspira nos mausoleos romanos e nos pazos, catedrais e castros do Renacemento.[2] Engadíronse tres pisos no século XVIII.

Debido á súa sobresaliente arquitectura renacentista e ao seu testemuño do desenvolvemento dos faros, o Faro de Cordouan catalogouse como monumento histórico en 1862, e recoñeceuse pola UNESCO como Patrimonio da Humanidade en 2021.[3]

Historia

editar

Existían pequenas torres de balizamento no illote desde o 880, pero a primeira estrutura adecuada executouse por Eduardo, o Príncipe Negro, xa que Güiena era entón unha provincia inglesa. Tiña 16 m.[4] de altura, cunha plataforma na parte superior onde se podía manter un lume de leña, e ocupada por un ermitán relixioso. Os barcos que pasaban pagaban dous groat para pasar, a primeira instancia coñecida de taxas de faro. Ademais da torre, construíuse unha pequena capela no illote. Na segunda metade do século XVI a torre estaba en mal estado e o perigo para a navegación ameazaba o comercio de viño de Bordeos. Isto levou á construción do actual Tour de Cordouan.

Deseño

editar
 
Gravado dun debuxo de Claude Chastillon da torre orixinal rematada en 1611

Usando bloques de pedra calcaría, De Foix construíu primeiro unha base redonda de 41 m. de diámetro e 2 m. de alto para aguantar o ataque das ondas.[2] Dentro dela había unha cavidade de 2 metros cadrados para almacenar auga e outros abastecementos. Sobre el construíronse catro pisos de tamaño decrecente. A planta baixa consistía nunha torre circular de 15 m. de diámetro, con apartamentos para catro gardas ao redor do seu muro interior. No centro había un vestíbulo de entrada ricamente decorado de 2 m² e 6´1 m. de altura. O segundo piso era o Apartamento do Rei, que consistía nun salón, antesala e unha serie de armarios. O terceiro andar era unha capela cun tellado abovedado que destacaba pola beleza do seu mosaico. Enriba desta estaba a lanterna secundaria, e por riba a propia Lanterna. Estaba a 60 m.[5] sobre o mar e visible a 8-10 km., a luz orixinal proporcionabaa a queima de lascas de carballo nun recipiente metálico.

En todo o edificio, de Foix preocupouse tanto polos problemas coa decoración como coa durabilidade do edificio, e en cada piso había unha profusión de traballos dourados e tallados, portas elegantemente arqueadas e estatuas.

 
Debuxo arquitectónico do faro de Cordouan ampliado en 1790.

Extensión

editar

En 1782 engadíronse as primeiras lámpadas parabólicas, pero o faro daquela estaba en moi mal estado. Os mariñeiros tamén criticaban a falta de altura da luz. Foron necesarias reformas importantes. Foron realizadas entre 1782 e 1789 polo enxeñeiro Joseph Teulère, quen suxeriu o aumento da torre de 30 metros, conservando a planta baixa e dous pisos ao estilo Luís XVI. A sinxeleza dos novos pisos contrastaba coa riqueza das plantas baixas, que conservaban a súa decoración renacentista.

En 1790, despois de que o faro se erguía 60 metros por riba das mareas máis altas, Teulère deseñou o primeiro prato de iluminación xiratorio. Consistía en lámpadas Argand que xiraban mediante unha máquina construída por un reloxeiro en Dieppe. O combustible era unha mestura de aceite de balea, aceite de oliva e aceite de colza.

O primeiro sistema de rotación de lente de Fresnel, a invención de Augustin-Jean Fresnel, instalouse en Cordouan en 1823. Colocáronse tres mechas de lámpadas concéntricas, subministradas con aceite de colza por medio dunha bomba de succión e forza no plano focal do aparello.

Restaurouse en 1855 e converteuse en monumento histórico en 1862, ao mesmo tempo que Notre-Dame de París. A lente de Fresnel orixinal substituíuse pola lente actual en 1854.

A luz converteuse en gas de petróleo en 1907 e en electricidade en 1948, cando se utilizou unha lámpada de 6.000 W. A lámpada substituíuse por unha lámpada de xenón de 450 W en 1984, pero non tivo éxito, e tres anos despois instalouse unha lámpada halóxena. O faro automatizouse totalmente en 2006, aínda que seguen empregados fareiros encargándose do faro.[6] De feito, a diferenza doutros faros, o mantemento continuado en Cordouan considerouse necesario para preservar este faro especialmente antigo e histórico, así como para mostrar aos visitantes o seu lugar. Os dous últimos fareiros "tradicionais" do Estado marcharon en 2012 e substituíronse por membros de SMIDDEST, unha asociación local. Cordouan é, polo tanto, o último faro habitado de Francia, despois de que o faro de Cap Fréhel vise partir o seu último fareiro en agosto de 2019.

  1. "Phare de Cordouan". 
  2. 2,0 2,1 "Cordouan Lighthouse". UNESCO World Heritage List. United Nations Educational, Scientific, and Cultural Orgnization. Consultado o 23 de xaneiro de 2022. 
  3. "UNESCO to add France's 'king of lighthouses' to world heritage list". France 24. 24 de xullo de 2021. Consultado o 24 de xullo de 2021. 
  4. "Lighthouses of France: Aquitaine". 
  5. Wikipedia en francés
  6. "Système d'Eclairage du Phare de Corduan". Consultado o 23 de xullo de 2015. 

Véxase tamén

editar

Ligazóns externas

editar