Faraquet
Faraquet é unha influínta banda de post-hardcore procedente de Washington, D.C.. Ás veces tamén é definida como unha banda de math rock. Formouse no ano 1997 e separouse en 2001. Editou os seus traballos co selo Dischord Records e estivo influenciada por grupos como Fugazi, Jawbox, Nation of Ulysses[1] ou King Crimson.[2] Recentemente reeditouse todo o seu material publicado antes do seu único álbum e reuniuse brevemente para realizar concertos para apoiar os seus proxectos no Brasil e en Washington, D.C.
Faraquet | |
---|---|
Orixe | Washington, D.C., |
Período | 1997 - 2001 |
Xénero(s) | post-hardcore, math rock |
Selo(s) discográfico(s) | Dischord Records |
Membros | Devin Ocampo Chad Molter Jeff Boswell |
Na rede | |
http://faraquet.5u.com | |
Tras a disolución de Faraquet, Chad e Devin formaron Medications, banda coa cal publicaron un EP e dous álbums a través de Dischord Records antes de entrar en hiato en 2011. Devin toca actualmente en The EFFECTS, que leva publicado un disco (tamén a través de Dischord).
Discografía
editarÁlbum | Ano | Selo |
---|---|---|
The View from this Tower | 2000 | Dischord Records |
Notas
editar- ↑ Allmusic (ed.). "Faraquet byography". Consultado o 4 de xaneiro de 2018.
- ↑ Allmusic (ed.). "Faraquet - The View From This Tower". Consultado o 4 de xaneiro de 2018.