Fame irlandesa de 1740 a 1741

A fame irlandesa de 1740 a 1741 (en irlandés Gorta Éireannach 1740 - 1741) foi un período de grande escaseza alimenticia que tivo lugar no Reino de Irlanda e que posibelmente tivo unha magnitude semellante á posterior e máis coñecida Gran Fame irlandesa. Tamén se coñece en irlandés como Bliain an Áir, que se podería traducir como "o ano da matanza".

A diferenza da Gran Fame irlandesa, cuxa principal causa foi unha praga provocada polo oomiceto Phytophthora infestans, que contaminou os cultivos de pataca a grande escala, a fame de 1740 e 1741 foi orixinada por unha friaxe extrema e unha choiva incesante nos anos sucesivos, que provocou que se perdesen as colleitas. Ademais, a fame xuntouse a unha serie de doenzas fatais que agravaron aínda máis as consecuencias na poboación. A vaga de frío espallouse por toda Europa e hoxe está considerada como o derradeiro período de grande frío ao final da Pequena Idade de Xeo entre 1400 e 1800.

Véxase tamén editar

Bibliografía editar

  • David Dickson, Arctic Ireland (White Row Press, Dublin 1997).
  • Michael Drake, The Irish Demographic Crisis of 1740–41, Historical Studies VI, T. W. Moody (ed.), Routledge & Kegan Paul, Londres 1968.
  • Joe Lee, The Modernisation of Irish Society (ISBN 0-7171-0567-9)