Fallout 4

videoxogo

Fallout 4 é un videoxogo de rol de acción desenvolvido por Bethesda Game Studios e publicado por Bethesda Softworks. É a quinta entrega da serie Fallout. Anunciouse o 3 de xuño de 2015 mediante a publicación dun tráiler na páxina oficial de Bethesda. O xogo foi estreado mundialmente o 10 de novembro de 2015 para as plataformas Xbox One, PlayStation 4 e Microsoft Windows.[1]

Fallout 4
Globo publicitario coa forma de Pin Boy na Gamescome de 2015.
Desenvolvedor(es)Bethesda Game Studios
Distribuidora(s)Bethesda Softworks
Director(es)Todd Howard
Deseñador(es)Emil Pagliarulo
Escritor(es)Emil Pagliarulo
Artista(s)Itsvan Pely
Compositor(es)Inon Zur
MotorCreation Engine
XéneroVideoxogo de rol de acción
Modos de xogoUn xogador
ClasificaciónPEGI=18
Plataforma(s)Xbox One
PlayStation 4
Microsoft Windows
ControisRato, teclado
SerieFallout
Na rede
https://fallout.bethesda.net/games/fallout-4
IMDB: tt4741306 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Fallout 4 está ambientado na postapocalíptica cidade estadounidense de Boston, Massachusetts no ano 2287, 210 anos despois dunha devastadora guerra nuclear, na que o personaxe do xogador emerxe dun búnker subterráneo coñecido como Vault.[2] A xogabilidad é similar á do Fallout 3. O xogador completa varias misións e adquire puntos de experiencia para subir de nivel aos seus personaxes. Con perspectivas dispoñibles en primeira e terceira persoa, os xogadores poden explorar o mundo aberto de Fallout 4 a vontade, dando paso a unha xogabilidade non-lineal. Algúns compañeiros poden unirse ao xogador para acompañalo nas súas viaxes para axudarlle nas batallas e na recolección de distintos obxectos. Os xogadores teñen a habilidade de construír e desmantelar edificios e elementos, que utilizan para construír uns asentamentos, os cales poden ser habitados por personaxes non xogables.

Houbo múltiples rumores acerca de Fallout 4 ata o seu anuncio oficial. O xogo foi anunciado o 3 de xuño de 2015, as primeiras imaxes da mecánica de xogo amosáronse na propia conferencia de Bethesda no 2015 Electronic Entertainment Expo.[3] O xogo conta coa actuación de voz para o protagonista, o primeiro na serie.

A pesar da grande acollida dalgúns dos seus lanzamentos no pasado, como The Elder Scrolls V: Skyrim, Bethesda Game Studios crese que Fallout 4 pode ser o maior lanzamento da súa historia.[4] Fallout 4 postúlase como un dos grandes títulos para afrontar a recta final de 2015. Fallout 4 recibiu críticas positivas, moitas encomian a profundidade do mundo, a liberdade do xogador, a gran cantidade de contido, historia, artesanía, personaxes e banda sonora. En canto á visualización, recibiu críticas mixtas e a presenza de problemas técnicos foi criticada.

Xogabilidade editar

 
Todd Howard, director de xogo de Fallout 4 e Fallout 3.

A xogabilidade de Fallout 4 é moi similar á dos seus predecesores Fallout 3 e Fallout New Veigas. Onde podes volver elixir entre un modo en primeira persoa e terceira persoa, e onde podes ir con total liberdade a calquera punto do mapa. Có engadido dun sistema de diálogos dinámico grazas a 111 000 liñas de diálogo, e un sistema de crafteo moito máis profundo posto en funcionamento en todas as armas do xogo.[5]

Argumento editar

O 23 de outubro de 2077 houbo unha guerra nuclear que destruíu o mundo, o xogador entra no refuxio 111 no cal o colocan en "cryo stasis" ata o ano 2287. O xogador sae do seu estado de conxelación cara ao ermo en busca do seu fillo "Shaun" quen foi secuestrado.

Notas editar

  1. Leiva, Carlos. "Fallout 4 é anunciado de forma oficial e mostranos o seu primeiro tráiler". Vandal.net. Consultado o 4 de xuño de 2015. 
  2. "Fallout 4". El Refugio. Consultado o 16 de febreiro de 2016. 
  3. Ortega, Por José L. "Fallout 4, confirmado para PS4, Xbox One e PC". IGN España. Consultado o 11 de febreiro de 2016. 
  4. Fran, Pineda. "Bethesda cree que Fallout 4 pode ser o maior lanzamento da súa historia". Blogocio.net. Arquivado dende o orixinal o 08 de decembro de 2015. Consultado o 22 de agosto de 2015. 
  5. https://plus.google.com/104569341456857245757/ (ed.). "Bethesda Completes Recording Of Fallout 4's 111,000 Lines Of Dialogue". www.GameInformer.com. Consultado o 27 de novembro de 2015. 

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar