Fallout 2 é un videoxogo de rol, orixinalmente para PC, pertencente á saga de Fallout e desenvolvido por Black Isle Studios, foi publicado por Interplay o 30 de setembro de 1998. Trátase dun título de rol postapocalíptico como todo os da saga Fallout. O xogo toma lugar no ano 2241, 80 anos logo dos sucesos de Fallout. Conta a historia do descendente do heroe da primeira entrega, o cal emprende unha busca para salvar a súa tribo da fame e os efectos dos Baldíos, para isto debe conseguir o G.E.C.K (Garden of Eden Creation Kit).[3][4]

Fallout 2
Desenvolvedor(es)Black Isle Studios
Distribuidora(s)Interplay Entertainment
Director(es)Tim Cain[1]
Chris Avellone[2]
Produtor(es)Brian Fargo
Eric DeMilt
Fred Hatch
Deseñador(es)Chris Avellone[2]
Matthew J. Norton
Escritor(es)Tim Cain[1]
R. Scott Campbell
Jason Taylor
Artista(s)Gary Platner
Jason D. Anderson
Leonard Boyarsky
Compositor(es)Mark Morgan
Lanzamento30 de setembro do 1998
XéneroVideoxogo de rol e mundo aberto
Modos de xogoUn xogador
ClasificaciónESRB = M, PEGI = 16, USK = 16
Formato(s)CD-ROM
SerieFallout
Na rede
Web oficial
IMDB: tt0183066 Editar o valor em Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Xogabilidade editar

O xogo consiste basicamente en viaxar e interactuar cós habitantes dos Baldíos (tamén chamados Ermo, Yermo ou Wastelands). Na busca de completar o noso principal obxectivo van aparecendo misións secundarias así como partes da historia tanto do noso personaxe como do seu ascendente. As decisións do xogador modifican a historia do xogo e darán lugar a distintos finais para cada unha das cidades ou faccións. O xogo tamén po en funcionamento un sistema de Karma, o cal serve para determinar a bondade-maldade do personaxe. Tamén, ao obrar dunha ou outra forma obtense reputación ou fama coas distintas localidades e faccións. O sistema de creación de personaxes está baseado no sistema de puntos SPECIAL (Strength, Perception, Endurance, Charisma, Intelligence, Agility e Luck).

Trama editar

No ano 2241 Arroyo sofre os efectos da radiación. A líder da aldea decide acudir a ti, como elixido da tribo e descendente do primeiro colono de vault 13 (protagonista da primeira entrega do xogo) e eres coñecido como o Elixido (Chosen One). Este encargalle recuperar o Garden of Eden Creation Kit (G.E.C.K) para así poder salvar a aldea. Este dispositivo foi deseñado antes da guerra e é capaz de crear extensas zonas verdes e restaurar parte da destrución reinante nos Baldíos causados pola radiación. O protagonista é deixado á súa sorte con tan só un traxe do Vault pertencente ao seu ascendente, un PipBoy 2000 e unha cantimplora do Vault 13, unha lanza e un pouco de diñeiro. O xogador eventualmente encontra o Vault 13 e o G.E.C.K. Ao regresar á súa aldea encóntrase co lugar devastado e todos os seus habitantes secuestrados polos remanentes do goberno dos Estados Unidos, agora coñecido como o Enclave. A misión principal agora é rescatar aos membros da tribo. Para isto o protagonista debe viaxar á principal base do Enclave, nunha plataforma petrolera, enfrontar ao actual presidente dos Estados Unidos e rescatar aos habitantes do teu pobo: Arroyo.

Recepción editar

Reviews
Puntuacións agregadas
AgregadorPuntuación
GameRankings87%
Metacritic86/100
Puntuacións
PublicaciónPuntuación
AllGame     [5]
CGW     [7]
GamePro5/5[6]
GameSpot8.8/10[8]
IGN8.9/10[9]
PC Gamer (US)89%[10]
Computer Games Strategy Plus     [11]
Next Generation     [12]
PC Gaming World9.5/10[13]

Fallout 2 recibiu críticas maioritariamente positivas. Metacritic outorgoulle unha puntuación de 86 sobre 100 baseado nunha enquisa.[14] As críticas positivas eloxian maiormente a xogabilidade, a trama e a súa fidelidade como verdadeiro sucesor do primeiro Fallout. Os detractores atacaron principalmente o exceso de Bugs e a falta de desenvolvemento en comparación coa primeira entrega.

Versións internacionais e censura editar

Algunhas das versións Non-Norteamericanas, principalmente as versións Europeas foron severamente censuradas. Se ben o título sempre foi polémico polo seu contido de prostitución e alto grado de violencia, esta segunda entrega incluía a aparición de nenos pequenos aos cales o xogador, de así desexalo, podía dispararlles ou matar como quixese. Nas versións Europeas do xogo estes nenos foron eliminados (entre outras cosas) aínda que isto comprometeu a integridade do xogo, chegando a eliminar a posibilidade de realizar varias misións, sobre todo na localidade de Modoc. Os parches realizados maiormente por desenvolvedores independentes permiten hoxe en día actualizar o Fallout 2 Europeo e poder gozar de todo contido censurado como o Americano.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 "The Top 100 Game Creators of All Time - 85. Tim Cain". IGN. 2008. Consultado o 10 de novembro do 2015. 
  2. 2,0 2,1 "The Top 100 Game Creators of All Time - 80. Chris Avellone". IGN. 2008. Consultado o 10 de novembro do 2015. 
  3. Avellone, Chris (8 de marzo de 2002). "Fallout Bible 0". Black Isle. Arquivado dende o orixinal o 26 de decembro de 2018. Consultado o 3 de abril de 2013. 
  4. "The Story". Fallout 2 Website. Interplay. 1998. Arquivado dende o orixinal o 4 de decembro de 2003. Consultado o 3 de setembro de 2006. 
  5. House, Michael L. "Fallout 2 - Review". AllGame. Arquivado dende o orixinal o 15 de novembro de 2014. Consultado o 6 de abril de 2017. 
  6. Morris, Daniel (1 de xaneiro de 2000). "Fallout 2". GamePro. Arquivado dende o orixinal o 5 de outubro de 2008. Consultado o 5 de decembro de 2008. 
  7. Scorpia (Febreiro de 1999). "Help Me, I'm Falling". Computer Gaming World (175): 214, 216. 
  8. "Fallout 2 Review". GameSpot. 9 de decembro de 1998. Consultado o 22 de outubro de 2010. 
  9. ""Fallout 2"". IGN. 13 de novembro de 1998. Arquivado dende o orixinal o 18 de agosto de 2002. Consultado o 5 de decembro de 2008. 
  10. Vaughn, Todd (Febreiro de 1999). "Fallout 2". PC Gamer US. Arquivado dende o orixinal o 16 de xaneiro de 2000. 
  11. Mayer, Robert (13 de novembro de 1998). "Fallout 2". Computer Games Strategy Plus. Arquivado dende o orixinal o 5 de novembro de 2002. 
  12. Staff (Febreiro de 1999). "Fallout 2". Next Generation (50): 98. 
  13. Barrick, Gordon. "Fallout 2 Review". PC Gaming World. Arquivado dende o orixinal o 19 de agosto do 2000. 
  14. http://www.metacritic.com/game/pc/fallout-2

Véxase tamén editar

Ligazóns externas editar