Black Isle Studios

Black Isle Studios era unha división da desenvolvedora e distribuidora de xogos Interplay Entertainment, creado especialmente para o desenvolvemento de xogos de rol para ordenador. A sede estaba situada no Condado de Orange de California.[1]

Black Isle Studios
Fundación1996
Disolución8 de decembro de 2003
MatrizInterplay Entertainment
LocalizaciónCondado de Orange, California,  Estados Unidos
FundadorFeargus Urquhart
IndustriaVideoxogos
ProdutosFallout
Páxina webwww.blackisle.com
editar datos en Wikidata ]

Esta división foi fundada en 1996, adoptando o nome de Black Isle Studios durante 1998.[2] O nome tómao dunha rexión de Escocia chamada Black Isle, de onde era o seu fundador Feargus Urquhart.[3]

Interplay reviviu o nome de Black Isle en agosto de 2012 coa intención de producir novos xogos de rol. Black Isle deixou de existir unha vez máis, sen producir ningún xogo novo, cando Interplay rematou de vender todos os seus assets de videoxogos e a propiedade intelectual en 2016.[4]

PecheEditar

En 1998, algúns dos responsables do primeiro título da división Fallout, deixaron Interplay para formar Troika Games despois de que non fosen capaces de chegar a un acordo con Interplay acerca de como debía ser estruturado o equipo.[5]

En decembro de 2003 e debido ás dificultades económicas, Interplay decidiu suspender temporalmente de emprego ao persoal de Black Isle.[6]

Xa en 2007, Interplay aínda non explicara a súa decisión nin aclarado o futuro da división.

Antigos empregados de Black Isle Studios traballan agora na empresa de videoxogos Obsidian Entertainment.

ProdutosEditar

  • Fallout (1997)[7]
  • Fallout 2 (1998)
  • Planescape: Torment (1999)
  • IceWind Dálle (2000)
  • IceWind Dálle: Heart of Winter (2001)
  • Icewind Dálle: Heart of Winter - Trials of the Luremaster (2001)
  • IceWind Dálle II (2002)
  • Baldur's Gate: Dark Alliance II (2004)

Algúns dos títulos nos que participou Black Isle son:

  • Baldur's Gate (1998)
  • Baldur's Gate: Talles of the Sword Coast (1999)
  • Baldur's Gate II: Shadows of Amn (2000)
  • Baldur's Gate II: Throne of Bhaal (2001)
  • Lionheart: Legacy of the Crusader (2003)

CanceladosEditar

  • Stonekeep 2: Godmaker (2001)
  • Black Isle's Torn (2001)
  • Van Buren (2003)
  • Baldur's Gate III: The Black Hound (2003)
  • Baldur's Gate: Dark Alliance III (2004)
  • Project V13 (2012)

NotasEditar

  1. "Black Isle Studios". IGN. Arquivado dende o orixinal o 25 de maio de 2011. Consultado o 25 de xullo de 2006. 
  2. Cheong, Ian. "Game Info". Lionheart Chronicles. GameSpy. Arquivado dende o orixinal o 7 de maio de 2006. Consultado o 25 de xullo de 2006. 
  3. Keefer, John (xaneiro de 2001). "Black Isle Studios: We are not BioWare". GameSpy. Consultado o 25 de xullo de 2006. 
  4. "Interplay Announces Sale of Significant IP Portfolio, Wedbush Securities as Strategic Advisor". 
  5. Blancato, Joe. "The Rise and Fall of Troika". The Escapist. Consultado o 27 de marzo de 2007. 
  6. Thorsen, Tor (08-12-2003). "Interplay shuts down Black Isle Studios". GameSpot. Consultado o 1 de maio de 2006. 
  7. "Black Isle Studios Website". Interplay. Arquivado dende o orixinal o 1 de outubro de 2003. Consultado o 25 de xullo de 2006.