Fallen (álbum de Evanescence)

Fallen é o primeiro álbum de estudio da banda americana Evanescence, coa discográfica Wind-up Records. Foi certificado 7 veces disco de platino pola RIAA (Asociación da Industria Discográfica de América) e vendeu máis de 15 millóns de copias desde a súa publicación en 2003. Na 46º entrega dos Grammy gañaron o premio a “Mellor artista novo” e “Mellor interpretación Hard Rock”.

Fallen
Álbum de Evanescence
Publicado4 de marzo de 2003
Gravación2002 - 2003
Estudio(s)Track Record Inc. & NRG Recording Studios, Ocean Studios, Conway Recording Studios
Duración44:37
Xénero(s)Metal alternativo,Metal Gótico
Selo(s)Wind-Up Records
ProdutorDave Fortman e Ben Moody
Cronoloxía
Fallen The Open Door (2006)
Na rede
http://www.evanescence.com/
Discogs: 11035 Allmusic: mw0000020727 Editar o valor en Wikidata
editar datos en Wikidata ]

Características

editar

Foi publicado a comezos do 2003, cando os membros oficiais da banda eran: Amy Lee, Ben Moody, Rocky Gray e John LeCompt. David Hodges tamén participou na escritura das cancións do álbum, mais este deixa a banda no 2002, antes do lanzamento do álbum.

Trala publicación, axiña alcanzan a fama co seu primeiro single Bring Me To Life, canción coñecida por formar parte da banda sonora da longametraxe Daredevil.

No álbum destacan cancións coma “Hello”, a cal Amy Lee dedica á súa irmá que faleceu aos 3 anos de idade de enfermidade, e “My Last Breath” , inspirada nos atentados do 11 de setembro de 2001 nos Estados Unidos.

Listaxe de cancións

editar
Título Escritor Duración
1 Going Under Amy Lee, Ben Moody, John LeCompt, Will Boyd, Rocky Gray 3:37
2 Bring Me To Life (feat. Paul McCoy) Amy Lee, Ben Moody, John LeCompt, Will Boyd, Rocky Gray, Paul McCoy 3:59
3 Everybody's Fool Amy Lee, Ben Moody, John LeCompt, Will Boyd, Rocky Gray 3:18
4 My Immortal Amy Lee, Ben Moody, John LeCompt, Will Boyd, Rocky Gray 4:26
5 Haunted Amy Lee, Ben Moody, John LeCompt, Will Boyd, Rocky Gray 3:08
6 Tourniquet Amy Lee, Ben Moody, John LeCompt, Will Boyd, Rocky Gray 4:40
7 Imaginary Amy Lee, Ben Moody, John LeCompt, Will Boyd, Rocky Gray 4:19
8 Taking Over Me Amy Lee, Ben Moody, John LeCompt, Will Boyd, Rocky Gray 3:52
9 Hello Amy Lee, Ben Moody, John LeCompt, Will Boyd, Rocky Gray 3:42
10 My Last Breath Amy Lee, Ben Moody, John LeCompt, Will Boyd, Rocky Gray 4:09
11 Whisper Amy Lee, Ben Moody, John LeCompt, Will Boyd, Rocky Gray 5:27

En posteriores reedicións do álbum incluíse a versión da banda de "My Immortal". Ademais a edición xaponesa inclúe a canción "Farther Away".

Videografía e singles

editar

O primeiro single foi "Bring Me To Life", canción coñecida por formar parte da banda sonora de Daredevil. En setembro de 2003, elixen coma segundo single "Going Under". En outubro de 2003, graban en Barcelona (España) un vídeo para o que sería o seu terceiro single "My Immortal", e foi publicado en decembro dese mesmo ano. O último single elixido é "Everybody's Fool", publicado o 7 de xuño de 2004.