Unha faldriqueira[1] é unha pequena bolsa unida a un cinto que se leva ao redor da cintura por riba dos cadrís e que é asegurada normalmente con algunha clase de fibela. É usada para levar obxectos de pequeno tamaño.

Unha muller que leva unha faldriqueira vermella.

Historia

editar
 
Vestimenta tradicional dun indíxena americano portando unha faldriqueira.

Orixes

editar

Realmente non se coñece quen inventou este tipo de bolsos, aínda que se ten coñecemento do seu uso dende hai miles de anos. Como Ötzi, quen viviu hai 5000 anos[2] e foi descuberto conxelado cunha bolsa con cinto[3] para gardar algunhas das súas pertenzas.

Tamén se sabe do seu uso polos indíxenas americanos, que usaban unha bolsa de pel de búfalo atada á cintura xunto coas súas vestimentas.

Auxe e deceso

editar

A faldriqueira moderna alcanzou unha gran popularidade a finais dos anos 1980 e a comezos e mediados dos 1990. Porén, pasou de moda e é considerado parte do estereotipo do turista. Hoxe en día adoitan levala ciclistas e excursionistas.

Practicidade

editar

A faldriqueira adoita ter grande utilidade para levar medicamentos ou outros obxectos importantes, non moi grandes. É tamén especialmente práctica se se está de viaxe, nunha excursión ou en situacións críticas, xa que permite levar artigos básicos de supervivencia.

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para faldriqueira.
  2. "El hombre de hielo, Ötzi, y su museo en Bolzano". SaltaConmigo (en castelán). 2016-08-01. Consultado o 2020-10-28. 
  3. Romarate-zabala, Ana Galván (2020-10-14). "Historias de Ana. Blog de Arte y Diseño: LA INDUMENTARIA EN LA PREHISTORIA: ÖTZI, EL HOMBRE DEL HIELO". Historias de Ana. Blog de Arte y Diseño. Consultado o 2020-10-28.