Falconsat 3

Satélite artificial de investigación tecnolóxica estadounidense.

Falconsat 3 foi un satélite artificial estadounidense lanzado o 9 de marzo de 2007 mediante un foguete Atlas V desde o Centro Espacial de Cabo Cañaveral.[2][5][6]

Falconsat 3
TipoTecnolóxico
FabricanteAcademia da Forza Aérea dos Estados Unidos
OrganizaciónForza Aérea dos Estados Unidos
Destino actualEn órbita, fóra de servizo.[1]
Data de lanzamento9 de marzo de 2007, 3:10 GMT[1][2][3][4]
Foguete portadorAtlas V[2][5]
Sitio de lanzamentoCentro Espacial de Cabo Cañaveral, plataforma SLC-41[2]
Obxectivo da misiónProbas tecnolóxicas.[2]
NSSDC ID2007-006E
Masa50 kg[5]
Datos orbitais
Semieixo maior6915 km[1]
Inclinación35,4 graos[1]
Apoapse546,6 km[1]
Periapse543,4 km[1]

Características editar

Falconsat 3 foi un satélite pertencente ó programa Falcon da Forza Aérea dos Estados Unidos de microsatélites para aplicacións e probas tecnolóxicas. A súa misión foi probar un sistema de estabilización do satélite nos tres eixos, ademais de levar tres experimentos adicionais a bordo. A súa masa era de 50 kg e foi inxectado nunha órbita inicial de 570 km de apoxeo e 561 km de perixeo, cunha inclinación orbital de 35,4 graos e un período de 95,9 minutos.[1][2][3][6]

Os tres experimentos a bordo de Falconsat 3 eran:[5]

  • Flat Plasma Spectrometer (FLAPS): analizador electrostático para medir o espectro dos ións.
  • Plasma Local Anomalous Noise Environment (PLANE): analizador de potencial retardado capaz de distinguir entre a turbulencia ambiente da inducida polo satélite.
  • Micro-Propulsion Attitude Control System (MPACS): un sistema de propulsión en miniatura consistente nun conxunto de propulsores de plasma alimentados por teflón usados para estabilizar o satélite.

Notas editar

  1. 1,0 1,1 1,2 1,3 1,4 1,5 1,6 N2YO (2011). Real Time Satellite Tracking, ed. "FALCONSAT 3" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  2. 2,0 2,1 2,2 2,3 2,4 2,5 NASA (14 de maio de 2012). "FalconSat 3" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  3. 3,0 3,1 "Note verbale dated 13 November 2007 from the Permanent Mission of the United States of America to the United Nations (Vienna) addressed to the Secretary-General" (PDF) (07-89382). 21 de decembro de 2007: 5. Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  4. Claude Lafleur (2010). "Falconsat-3" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  5. 5,0 5,1 5,2 5,3 Gunter Dirk Krebs (2011). Gunter's Space Page, ed. "FalconSat 3" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 
  6. 6,0 6,1 Mark Wade (2011). "FalconSat" (en inglés). Consultado o 28 de xaneiro de 2013. 

Véxase tamén editar

Outros artigos editar