Fairey Aviation Company

Fairey Aviation Company Limited foi un construtor aeronáutico británico da primeira metade do século XX baseado en Hayes, Heaton Chapel e RAF Ringway. Destacou polo deseño de varios importantes avións militares, como a familia Fairey III, o Swordfish, o Firefly, e o Gannet, tivo unha forte presenza na subministración de avións navais, e tamén construíu bombardeiros para a Royal Air Force.

Fairey Aviation Company Limited
Fundación1915
LocalizaciónHayes, Heaton Chapel, Ringway
FundadorCharles Richard Fairey
Industriaaeroespacial
editar datos en Wikidata ]

Tras a segunda guerra mundial a compañía diversificou as súas actividades e dedicouse tamén á enxeñería mecánica e á fabricación de botes. A división de fabricación de avións pasou a mans de Westland Aircraft en 1960. Tras unha serie de fusións e adquisicións, as principais empresas sucesoras da compañía son agora FBM Babcock Marine Ltd, Spectris plc, e WFEL (anteriormente Williams Fairey Engineering Limited), fabricando esta última pontes portátiles.

Aeronaves editar

Aeronaves de Fairey editar

Aeronaves de Avions Fairey editar

Notas editar